ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.965
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Solicitudes de autorización para instalación de postes e riostras a nome da Compañía Telefónica Nacional de España

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF086.SF087.S0681.16268/1

  • Título Solicitudes de autorización para instalación de postes e riostras a nome da Compañía Telefónica Nacional de España

  • Data(s) 1984 (Produción)

  • Volume e soporte 19 expedientes, papel

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Contén as seguintes solicitudes: 1. Solicitude de autorización para a instalación de postes en diferentes lugares das parroquias de Santa María de Alba e San Pedro de Campañó con número de expediente: 3928/1984 2. Solicitude de autorización para construír canalización na Avenida Médico Ballina con número de expediente: 3929/1984 3. Solicitude de autorización para a instalación de 58 postes e construción de 37 metros de canalización en camiños vecinais de Santa Miguel de Marcón e San Pedro de Campañó con número de expediente: 4343/1984 4. Solicitude de licenza de obras para a canalización da estrada de Arcade a Ponte Sampaio con número de expediente: 4413/1984 5. Solicitude de autorización para a instalación de 17 postes e 2 riostras e cable en voo na beira de camiños veciñais na parroquia de San Salvador de Lérez con número de expediente: 4784/1984 6. Solicitude de licenza para construír canalizacións e cámaras de rexistro na estrada de Pontevedra a Vigo ( N-550, Km 121-122) con número de expediente 4788/1984 7. Solicitude de licenza para construír 173 metros de canalización na ponte do río Verdugo entre Ponte Sampaio e Arcade con número de expediente: 5462/1984 8. Solicitude de autorización para instalar 3 postres e riostra no camiño veciñal de Sabarís a Pintos ( San Miguel de Marcón) con número de expediente: 5961/1984 9. Solicitude de autorización para instalación de 10 postes na beira de camiños vecinais en Ponte Sampaio con número de expediente: 6929/1984 10. Solicitude para a instalación de postes e riostras en diferentes lugares de Santa Mariña de Bora e Santa María de Mourente con número de expediente: 7374/1984 11. Solicitude de canalización subterránea e instalación aérea en diferentes rúas e lugares do concello de Pontevedra con número de expediente: 7996/1984 12. Solicitude de autorización para a instalación de 4 postes no camiño a Rañadoiro (Santa María de Ponte Sampaio) no barrio Adicuita (Arcade) con número de expediente: 8401/1984 13. Solicitude para a instalación de 19 postes na parroquia de Santa María de Mourente con número de expediente: 8579/1984 14. Solicitude de autorización para a instalación de 4 postes na beira de camiños vecinais en Curuxeira e Santa Estevo de Canicouva con número de expediente: 8583/1984 15. Solicitude para a instalación de 16 postes e riostra nos camiños vecinais de Santa Mariña de Bora, San Martiño de Salcedo e Santo André de Lourizán con número de expediente: 8794/1984 16. Solicitude para a instalación de postes e riostras en Santa Mariña de Bora e San Salvador de Lérez con número de expediente: 10551/1984 17. Solicitude de autorización para a instalación de postes e riostras na beira de camiños vecinais en Santa Mariña de Bora, Casal Novo e Porta de Sol (San Salvador de Lérez) con número de expediente: 10552/1984 18. Solicitude de autorización para a instalación de postes en camiños veciñais en Eirós (Santa María de Mourente), Lameliña (Santa María de Bora) e Cruceiro (San Martiño de Salcedo) con número de expediente: 10553/1984 19. Solicitude de licenza para instalar postes e riostras en camiños vecinais en Ponte Sampaio con número de expediente: 10554/1984

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)

Área de control da descrición