Fondos
-
SF130. 3.5.2. Actuacións dos corpos de seguridade e protección cidadá
16317/5. Expedientes de denuncias incoados pola policía municipal
Expedientes de denuncias incoados pola policía municipal
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF003.F0014.SF130.S1016.16317/5
Título Expedientes de denuncias incoados pola policía municipal
Data(s) 1985 (Produción)
Volume e soporte 14 expedientes
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Contén os seguintes expedientes: 1. Denuncia da Policía Municipal informando de manifestación ilegal na Casa Consistorial. Pais ,alumnos e profesores de Centros de Educación Xeral Básica (EXB) da parroquia de Marcón 2. Informe da Policía Municipal do estado de diferentes semáforos da cidade con número de expediente: 7255/1985 3. Denuncia da Policía Municipal a ANEMPRO S.L por construción de edificio sen licenza en Cruz Gallástegui, 6 con número de expediente 7305/1985 4. Denuncia da Policía Municipal a José Couso Boullosa por apertura de gabia sen licenza nas rúas Sagasta e Benito Corbal con número de expediente: 7781/1985 5. Denuncia da Policiía Municipal a Gonzalo Edmundo Lores Dopazo por acondicionamento de local para Bar sen licenza sito en Campillo de Santa María, 6 con número de expediente: 8431/1985 6. Informe e comunicación da Policía Municipal dos danos producidos nun farol na Avenida de Uruguay por colisión de vehículo propiedade de Eladio Penas Pampín con número de expediente: 8518/1985 7. Oficio da Policía Municipal comunicando o enterramento da fonte pública (Fonte Poilán) no canellón de Palamios debido as obras de demolición do edificio Instituto Sánchez Cantón pola empresa Juan Ramírez S.L con número de expediente 9229/1985 8. Oficio da Policía Municipal propondo a sinalización horizontal en rúas da cidade con número de expediente 9995/1985 9. Oficio da Policía Municipal propondo a colocación de sinalización vertical, a necesidade de iluminación pública en rúa de nova apertura (entre Benito Corbal e San Antoniño) con número de expediente 9996/1985 10. Comunicación da Policía Municipal informando dos danos en semáforo sito na Praza Valentín García Escudero por camión da empresa Barreiros S.L con número de expediente: 12443/1985 11. Denuncia de Virgilio Trabazo Calviño a Manuel Pereira Pazos ( operario municipal ) ao ser alcanzado por unha carretilla con número de expediente:13348/1985 12. Denuncia da Policía Municipal do derrubamento parcial do túnel do ferrocarril na Avenida Médico Ballina con número de expediente: 13465/1985 13. Oficio da Policía Municipal comunicando os danos en farol e sinais de tráfico que se produciron por accidente de vehículo na Praza de España propiedade de José Soliño Franco con número de expediente: 13604/1985 14. Oficio da Policía Municipal comunicando derrubamento de poste de semáforo na rúa Doutor Loureiro Crespo por vehículo propiedade de Fernando Dafonte Cabanas con número de expediente: 15078/1985
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)