ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.840
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Expedientes de denuncias incoados pola policía municipal

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF003.F0014.SF130.S1016.16357/12

  • Título Expedientes de denuncias incoados pola policía municipal

  • Data(s) 1986 (Produción)

  • Volume e soporte 14 expedientes

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Contén os seguintes expedientes: 1. Oficio da Policía Municipal comunicando danos en postes de iluminación pública por accidente de circulación de José González Reguera con número de expediente: 649/1986 2. Oficio da Policía Municipal comunicando a denuncia de Eugeio Peón López por danos en chaqueta por arame en semáforo con número de expediente: 655/1986 3. Comunicación da Policía Municipal informando de avaría en grupo semafórico nas rúas Sagasta, Joaquín Costa e Fray Juan de Navarrete con número de expediente 2005/1986 4. Solicitude de autorización para traslado a Vigo de un vehículo oficial con número de expediente: 2414/1986 5. Oficio da Policía Municipal comunicando avaría na liña eléctrica na rúa Virxe do Camiño con número de expediente: 2602/1986 6. Oficio da Policía Municipal comunicando deficiencia en poste de madeira da liña eléctrica de Monte Porreiro con número de expediente: 3149/1986 7. Oficio da Policía Municipal comunicando danos en poste de semáforo na rúa Fernández Ladreda con número de expediente: 3382/1986 8. Oficio da Policía Municipal comunicando a caída de farol de iluminación pública e risco de caída douta con número de expediente: 3551/1986 9. Denuncia da Policía Municipal a Fernando Ruibal Evagasa (EVAGASA) comunicando infracción da Ordenanza sobre ruídos e obras por non axustarse a licenza con número de expediente: 4011/1986. Arquivada 10. Oficio da Policía Municipal comunicando o deterioro de valado na rúa da Marquesa con número de expediente: 4740/1986 11. Oficio comunicando pozo sen tapa na Xunqueira na inmedicacións do campo de fútbol do Atlético Pontevedrés con número de expediente: 8090/1986 12. Denuncia da Policía Municipal comunicando desperfectos no material de xogos infantís no parque dos Xardíns de Vicenti con número de expediente: 8141/1986 13. Denuncia da Policía Municipal comunicando danos producidos en tubaxe de auga na Praza de Barcelos pola empresa Villamarín Vidal S.L con número de expediente: 8840/1986 14. Denuncia comunicando danos nun farol de iluminación pública na Avenida de Vigo por vehiculo conducido por Juan Gutiérrez Souto con número de expediente: 9025/1986 15. Denuncia de danos nun farol de iluminación pública na praza Valentín García Escudero ocasionados por vehículo propiedade de Dositeo Mosquera Sánchez con número de expediente: 9642/1986 16. Oficio da Policía Municipal comunicando rotura do abastecemento de auga na rúa Padre Fernando Olmedo como consecuencia das obras de acometida de sumidoiro levadas a cabo pola empresa Comunidad de Bines Edificio Atlántico con número de expediente: 918/1986 17. Denuncia da Policía Municipal a Alberto Mirón Gutiérrez (Construcciones Casas Novas S.L) por carecer de cartel indicador de obra en edificio sito en Javier Puig-San Antoniño con número de expediente: 10316/1986

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)

Área de control da descrición