Fondos
124/5. Expediente de compra dun terreo en Portela. propiedade de Lorenzo López Lorenzo. para a construción de escola (1961-1964)
Expediente de compra dun terreo en Portela. propiedade de Lorenzo López Lorenzo. para a construción de escola (1961-1964)
Área de identificación
Código(s) de referencia 3.GF001.F0005.SF048.S0381.124/5
Título Expediente de compra dun terreo en Portela. propiedade de Lorenzo López Lorenzo. para a construción de escola (1961-1964)
Data(s) 1961 (Creación)
Volume e soporte 1 agrupación documental. 8 follas
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Barro(1936-2015) O concello de Barro sitúase ó noroeste da provincia de Pontevedra e linda cos concellos de Pontevedra, Moraña, Portas e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e oito quilómetros cadrados cun total de cincuenta e tres entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: Agudelo, Barro, Curro, Perdecanai, Portela e Valiñas, nas que residen algo máis de tres mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Peñaflor, na que o señorío pertencía ó conde de Graxal. No proceso de establecemento constitucional dos concellos este territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, correspondía ó concello de Trasumia; será no ano 1836, dentro da planificación definida para o antedito partido xudicial, cando se establece o concello de Barro coas mesmas parroquias e disposición territorial que mantén hoxe.
Institución arquivística Arquivo municipal de Barro
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente de adquisición de terreo. no lugar da Cancela na parroquia de Portela. para a construción dun grupo escolar por parte do Concello de Barro. Ano 1961. Vendedor: Lorenzo López Lorenzo e Adorinda Rodríguez Villaverde. Contén: * Plano e medición da finca Revolta. no lugar de Faxil na parroquia de San Martiño de Agudelo. propiedade de Dolores Magdalena Maquieira. Ano 1963. * Certificación de medición de parcela de terreo de monte comunal sita próxima ao lugar de Ortigueira. que permuta coa leira de Dolores Magdalena Maquieira. Ano 1964.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Compra España Galicia Pontevedra Barro Portela (San Mamede)
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Barro Portela (San Mamede)
Nome dos puntos de acceso Concello de Barro (Tema) (Creador)