Fondos
-
8.523/2. Negativos do Fotógrafo Carlos Alonso Martínez (Fotsca) (1972)
8.523/2-011. Fotografía da Festa dos Maios (1972)
Fotografía da Festa dos Maios (1972)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36045.AM.RED.2.37.8.523/2.8.523/2-011
Título Fotografía da Festa dos Maios (1972)
Data(s) 1972 (Creación)
Volume e soporte Imaxe
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Redondela
Historia arquivística Compra por parte do Concello de Fondo de Fotografía Fots'ca: Carlos Alonso Martínez. Negativo dixitalizado grazas ás axudas da AMTEGA para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana- Patrimonio dixital de Galicia, cofinanciado pola UE a través do FEDER gALICIA 2014-2020
Forma do ingreso Compra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido FONDO FOTSCA Estuche 8.523/2-011 Texto: "Escolas, Maios e Fotos de casa. Maio 1972" Descrición: .- 8523_2_00011: Festa dos Maios de Redondela na Alameda. Maio "Os escolantes do Viso" posando diante da casa do Concello, na Alameda. A Festa do 1 de Maio é a Festa da chegada da primavera. En Redondela é unha festa que data do 1957. Os maios son construídos os días antes da festa, e na noite anterior son recubertos con flores da tempada (especialmente pampullos), laranxas e ovos sobre unha base feita de fiuncho. Poden ter formas diversas figuradas, pero as formas tradicionais son o cono e o cruceiro. O día da Festa os rapaces e rapazas, vestidos con pantalón oscuro, camisa branca e pucha oscura venden as coplas satíricas ós asistentes ó certame. Normalmente a cambio "da voluntá". Cada un dos maios sube a un palco. Unha persoa canta as coplas, cunha melodía específica dos maios, e o resto do grupo repíteas dando voltas ó redor do maio batendo uns paus e xirando, cambiando de sentido, ó rematar a copla. O xurado puntua a construcción do maio, as coplas e a propia actuación e, finalmente, dase premios ós participantes. En Redondela a Festa comezou na actual praza da Constitución 1812 (1957-1970) para pasar a celebrarse na Alameda (1970-1980), despois na pista da Xunqueira (1980-2000), para regresar ó quiosco da música da Alameda (2000-2010) e dende o 2013 celébrase no frontal da Casa do Concello cos maios expostos pola Alameda de Redondela.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Carlos Alonso Martínez (Tema)