ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Documentación sobre deslindes (1889-1973)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 3.GF001.F0001.SF001.S0003.2.528/5

  • Título Documentación sobre deslindes (1889-1973)

  • Data(s) 1889 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Barro(1936-2015) O concello de Barro sitúase ó noroeste da provincia de Pontevedra e linda cos concellos de Pontevedra, Moraña, Portas e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e oito quilómetros cadrados cun total de cincuenta e tres entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: Agudelo, Barro, Curro, Perdecanai, Portela e Valiñas, nas que residen algo máis de tres mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Peñaflor, na que o señorío pertencía ó conde de Graxal. No proceso de establecemento constitucional dos concellos este territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, correspondía ó concello de Trasumia; será no ano 1836, dentro da planificación definida para o antedito partido xudicial, cando se establece o concello de Barro coas mesmas parroquias e disposición territorial que mantén hoxe.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Barro

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Documentación sobre deslindes. (son fotocopias). Contén: - Deslinde e amolloamento da zona que limita e divide os concellos de Pontevedra e Barro. - Acta de deslinde entre Barro e Xeve. - Acta de deslinde entre Barro e Meis. - Acta de deslinde e amolloamento entre Barro e Moraña. - Acta de amolloamento de Barro e Moraña. - Acta para recoñocer a liña termo de Barro con Moraña. - Itinerario de comprobación dos terreos de Barro e Moraña e itinerario da liña límite.

Área de notas

  • Nota Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias Deslinde España Galicia Pontevedra Barro

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Barro

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Barro (Tema) (Creador)

Área de control da descrición