ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Fondos

Expediente de cesión da Casa Escola da Gándara. Perdecanai a Comunidade de Montes en pagamento pola expropiación de terreos do monte veciñal (2000-2005)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 3.GF001.F0005.SF050.S0386.2.534/13

  • Título Expediente de cesión da Casa Escola da Gándara. Perdecanai a Comunidade de Montes en pagamento pola expropiación de terreos do monte veciñal (2000-2005)

  • Data(s) 2000 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Barro(1936-2015) O concello de Barro sitúase ó noroeste da provincia de Pontevedra e linda cos concellos de Pontevedra, Moraña, Portas e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e oito quilómetros cadrados cun total de cincuenta e tres entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: Agudelo, Barro, Curro, Perdecanai, Portela e Valiñas, nas que residen algo máis de tres mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Peñaflor, na que o señorío pertencía ó conde de Graxal. No proceso de establecemento constitucional dos concellos este territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, correspondía ó concello de Trasumia; será no ano 1836, dentro da planificación definida para o antedito partido xudicial, cando se establece o concello de Barro coas mesmas parroquias e disposición territorial que mantén hoxe.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Barro

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de cesión da Casa Escola da Gándara. Perdecanai a Comunidade de Montes en pagamento pola expropiación de terreos do monte veciñal. Contén: * Escritura notarial de adxudicación en pago de débeda. * Informe de medición. * Fotocopias relativas á ocupación incluída a da acta previa á ocupación do 14 de setembro de 2001. * Planos e taxación de traída de augas e campos de fútbol. * Certificación do acordo do Pleno relativo a este asunto do día 13 de novembro de 2000.

Área de notas

  • Nota Contén croquis Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores

Puntos de acceso

Área de control da descrición