Fondos
2.770/1. Expediente de inventario de bens do concello de Barro (1945-1991)
Expediente de inventario de bens do concello de Barro (1945-1991)
Área de identificación
Código(s) de referencia 3.GF001.F0005.SF047.S0370.2.770/1
Título Expediente de inventario de bens do concello de Barro (1945-1991)
Data(s) 1945 (Creación)
Volume e soporte 1 agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Barro(1936-2015) O concello de Barro sitúase ó noroeste da provincia de Pontevedra e linda cos concellos de Pontevedra, Moraña, Portas e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e oito quilómetros cadrados cun total de cincuenta e tres entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: Agudelo, Barro, Curro, Perdecanai, Portela e Valiñas, nas que residen algo máis de tres mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Peñaflor, na que o señorío pertencía ó conde de Graxal. No proceso de establecemento constitucional dos concellos este territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, correspondía ó concello de Trasumia; será no ano 1836, dentro da planificación definida para o antedito partido xudicial, cando se establece o concello de Barro coas mesmas parroquias e disposición territorial que mantén hoxe.
Institución arquivística Arquivo municipal de Barro
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente de inventario de bens do concello de Barro. Contén: - Inventario de bens de 1945 e 1965. - Carpeta da conta do patrimonio municipal. exercicio de 1958. - Certificación de inventarios de bens de 1975 e 1978. - Inventario de documentos e libros do arquivo municipal a 31/12/1967. - Presuposto dos traballos de inventario do patrimonio municipal (1985). - Ditame da obriga de pago do prezo polos aproveitamentos madeirables do monte Maquieira (febreiro 1981). - Copia da acta notarial expedida a favor do Concello de Barro sobre os danos producidos pola Autoestrada do Atlántico ao seu paso polo concello (12/06/1991).
Ãrea de notas
Nota Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Barro (Tema) (Creador)