ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

MANCOMUNIDADE TERRAS DE PONTEVEDRA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 1

  • Título MANCOMUNIDADE TERRAS DE PONTEVEDRA

  • Data(s) 2006-2021 (Creación)

  • Volume e soporte 41 unidades de instalación, papel

Área de contexto

  • Nome do produtor Mancomunidade Terras de Pontevedra(2007-) A Mancomunidade Terras de Pontevedra constitúese no ano 2007 para a dinamización do produto turístico dos concellos de Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Barro e Campo Lameiro. O 27 de outubro de 2020 publícase no DOG unha orde pola que se modifican os estatutos deste institución, incorporándose os concellos de Cerdedo-Cotobade e a Lama. O expediente de constitución e aprobación dos estatutos da mancomunidade iniciouse polo acordo dos 7 concellos orixinarios, aprobado en asemblea dos concelleiros o 30 de marzo do 2006. A mancomunidade ten plena personalidade e capacidade xurídica e está formado polos seguintes órganos, o Pleno, unha presidencia e unha vicepresidencia. O Pleno da Mancomunidade é o órgano supremo de goberno e administración e está integrado por trece membros, formado por tres do Concello de Pontevedra, dous da cada un dos concellos de Marín e Poio, e un, a cada un dos concellos de Vilaboa, Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro, Barro e a Lama. Os representantes dos concellos son elixidos polo Pleno da corporación respectiva en cada mandato, elixiranse titulares e suplentes. O Pleno, a Presidencia e a Vicepresidencia da mancomunidade renovaranse coa mesma periodicidade que as corporacións locais, dentro do mes seguinte ao da constitución da nova corporación. A presidencia e a vicepresidencia elixiranse polo Pleno da mancomunidade de entre os seus membros sen que poidan pertencer ao mesmo municipio e teñen que ter a condición de alcalde. O cargo de secretario, interventor e tesoureiro serán exercidos por calquera dos funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional que exerzan o cargo nun dos municipios mancomunados. A sede da Mancomunidade estará no concello da que sexa membro o seu presidente/a.

  • Institución arquivística Mancomunidade Terras de Pontevedra

  • Historia arquivística A documentación foi transferida dende o servizo de Secretaría de Administración Municipal do Concello de Pontevedra, entidade que preside a Mancomunidade.

  • Forma do ingreso Transferencia

Área de contido e estrutura

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias Turismo España Galicia Pontevedra Pontevedra (Concello)

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Campo Lameiro Barro Vilaboa Ponte Caldelas Poio Marín Lama, A Pontevedra (Concello) Cerdedo-Cotobade

  • Nome dos puntos de acceso Mancomunidade Terras de Pontevedra (Tema) (Creador)

Área de control da descrición