Fondos
-
SF083. 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
-
SF084. 2.1.5.1. Construción e mantemento de obras de infraestrutura
-
S0655. Expediente de obras de apertura e pavimentación de rúas, pontes, camiños e prazas
16478/1. Copias de proxectos de obras de apertura e pavimentación de rúas, pontes e camiños
Copias de proxectos de obras de apertura e pavimentación de rúas, pontes e camiños
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF083.SF084.S0655.16478/1
Título Copias de proxectos de obras de apertura e pavimentación de rúas, pontes e camiños
Data(s) 1987 (Produción)
Volume e soporte 27 expedientes, papel.
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Contén copias dos seguintes proxectos: - Pavimentado de camiño en Leiros, Bora. 1987. - Reparación de acceso a campo de Santo Paio, Campañó. 1987. - Apertura de pista de Cordeira a Liborey, Cerponzones. 1987. - Pavimentado de camiño en Cardosa ao atrio da igrexa, Bora. 1987. - Apertura de pista de Vispo a Boca, Campañó. 1987. - Mantemento de pista de San Caetano a Pidre, Cerponzones. 1987. - Apertura e pavimentación de pista en Liborey, Cerponzones. 1987 - Pavimentación e ensanche da pista Castelo - Vilares, Lérez. 1987. - Pavimentación e ensanche de camiño de Ferreira a Ponte Cabras, Lérez. 1987. - Pista de camiño de Martin Raxo, Lourizán. 1987. - Ensanche de pista en Regueiriño por camiño de Pío, Lourizán. 1987. - Ensanche de pista dende Fonte Outón a Veigas, Lourizán. 1987. - Ensanche e terminación do camiño de Albeiro a carretera de Ponte Bora, Marcón. 1987. - Pavimentación de pista en Pintos, Marcón. 1987. - Obras en camiño da Igrexa, Mourente. 1987. - Pavimentación e ensanche de pista de Carramal a estrada do Casal, Salcedo. 1987. - Apertura de pista no río Verdugo dende colexio nacional a Comboa, Ponte Sampaio. 1987. - Pavimentación e ensanche de camiño dende Cinco Soles á Igrexa Parroquial, Salcedo. 1987. - Pavimentación de camiño de Sobral, Santo André de Xeve. 1987. - Construcción de camiño dende capela de San Blas a Matalobos, Salcedo. 1987. - Pavimentación do camiño de Bouzas, Santa María de Xeve. 1987. - Pavimentación do camiño de Paraños - Fontanes, Santa María de Xeve. 1987. - Pavimentación do camiño de Paraños - Fontanes (segunda fase), Santa María de Xeve. 1987. - Pavimentación e ensanche de camiño de "Cascada" - Sobral, Santo André de Xeve. 1987. - Obras en pista de Gasteo - Lusquiños, Tomeza. 1987. - Pavimentación do "Camiño Vello" en Couso, Santa María de Xeve. 1987. - Pavimentación do camiño de Bouzas en Fontáns (segunda fase), Santa María de Xeve. 1987. - Explanación e ensanche camiño de "Caniveiros", Verducido. 1987. - Pavimentación e ensanche de camiño de "Mouterrón", Verducido. 1987. - Reparación de pista de Devesa a Campo de Fútbol, Alba. 1987.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Camiño público Pavimentación Ponte Estrada España Galicia Pontevedra Pontevedra (Concello) Xeve (Santo André)
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Pontevedra (Concello) Santa María de Xeve (Santa María) Xeve (Santo André) Salcedo (San Martiño) Verducido (Verducido)
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)