ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.661
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.474

Fondos

FÁBRICA DE PAPEL DE SOUTORREDONDO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.15

  • Título FÁBRICA DE PAPEL DE SOUTORREDONDO

  • Data(s) 1840-Ca.1908 (Creación)

  • Volume e soporte 2 unidades de instalación; 20 expedientes ou agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Fábrica de Papel de Soutorredondo(1839-1969) A fábrica de papel de Soutorredondo aproveitaba as augas do río de Sóñora, tamén chamado do Castro, de Vilacova, ou de Os Batáns (polo gran número que deles houbo), localizándose na súa marxe esquerda, a uns catrocentos metros ao nordeste do lugar de Soutorredondo, na parroquia de San Martiño de Lesende, termo municipal de Lousame na provincia da Coruña. O 18 de decembro de 1839 don Francisco Antonio Crespo manifestaba ante notario en Noia a súa vontade para construír unha fábrica de papel con outros socios. O 26 de xullo de 1841 constituíase en Santiago de Compostela a sociedade “Crespo y Compañía”. Os anos entre 1843 e 1848 son os de maior esplendor da fábrica, con ventas en Noia, A Coruña, Pontevedra, Vigo, Ribadeo, Luarca, Gijón e Málaga. O fundador falecía o 26 de maio de 1848 e o 15 de setembro de 1848 o fillo de Francisco Antonio, Antonio Crespo Patiño, pasaba a ser dono exclusivo da fábrica de Soutorredondo, e o 18 de novembro de 1854 a propiedade pasaba a dona Marcelina López Ballesteros, sobriña da esposa do fundador. Luis Patiño López, fillo de dona Marcelina, vendía a fábrica a don Manuel Bournacell Mariño o 13 de xullo de 1879. O 23 de maio de 1881 a propiedade pasaba a Juan Bartolomé Pérez, quen a cedía ó seu fillo Juan Bartolomé García o 13 de outubro de 1882. O mesmo que a meirande parte dos muíños papeleiros galegos, a produción estivo inicialmente bastante diversificada e xunto con papeis de calidade inferior elaborábase tamén papel florete e de naipes. Aínda que a fábrica de Soutorredondo deixara de funcionar en 1911, o 31 de maio de 1922 Juan Bartolomé García a vendía a Ramón López Rodríguez, e nese mesmo ano a fábrica voltaba a traballar con maquinaria moderna, de forma redonda e accionamento eléctrico, fabricando papeis filtro para laboratorios, refinerías de aceite e fábricas de licores baixo a propiedade do devandito Ramón López, propietario tamén da fábrica da Barreira, no río Ulla. En 1959, por falecemento de Ramón, a propiedade pasou á súa filla, Aurora López Freijedo, e consonte Gayoso Carreira figura no Catálogo de empresas papeleras de 1966 e no Censo Papelero de 1967 cunha máquina redonda para fabricación de estracilla e papel de filtro. A fábrica deixou de traballar en 1969, cun expediente de crise por antieconómica. Coa morte en 1970 de Aurora, a propiedade pasa ó seu esposo, José María Tomé Fuentes, e ós seus fillos, Gonzalo e Rosa Tomé López.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo

  • Historia arquivística Este fondo foi doado por Xosé María Álvarez Blazquez xunto co fondo documental do Condado de Ramirás e Ximonde, ao que estaba unido. Durante o proceso de reorganización dos fondos documentais do Arquivo municipal de Vigo iniciado no ano 2020, tense identificado e individualizado a documentación pertencente a esta sociedade industrial.

  • Forma do ingreso Por doazón

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O fondo está composto principalmente por documentación de carácter económico, como libros de contas, libros de debedores, contas xerais, balances etc. e patrimonial, como os inventarios do enxoval da fábrica. Tamén é de destacar a existencia dun libro copiador de correspondencia que abrangue desde 1848 ao 1860.

  • Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo.

  • Novos ingresos Non se esperan novos ingresos ao tratarse dunha sociedade industrial xa extinta.

  • Organizació

    O fondo está organizado en dúas series documentais de carácter funcional:
    1.- Documentación administrativa (1848-1869)
    2.- Documentación económica e contable (1840-ca.1908)

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de libre acceso.

  • Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Documentación en soporte papel na súa totalidade.

  • Instrumentos de descrición Catálogo informatizado

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Descoñécese

  • Existencia e localización de copias Descoñécese

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Fábrica de Papel de Soutorredondo (Tema) (Creador)

Área de control da descrición