Fondos
-
SF086. 2.1.6. Regulación das obras de particulares e de terceiros
19864/1. Solicitude de licenza de obras de FENOSA para a canalización subterránea de cable eléctrico, colocación de postes e outras obras (1996-1998)
Solicitude de licenza de obras de FENOSA para a canalización subterránea de cable eléctrico, colocación de postes e outras obras (1996-1998)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF086.SF087.S0682.19864/1
Título Solicitude de licenza de obras de FENOSA para a canalización subterránea de cable eléctrico, colocación de postes e outras obras (1996-1998)
Data(s) 1996-1998 (Produción)
Volume e soporte varios expedientes, soporte papel
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Número expediente - Situación da obra 10873/1998 Misión Biolóxica 3064/1997 avenida de Buenos Aires 2636/1997 lugar de Ferreira, Médico Ballina, Cruceiro Ramallás e Arco (Lérez) 24939/1996 Fontesanta 22942/1996 rúa Peregrina e rúa Ferreiros 21025/1996 Avenida de Lugo e Rosalía de Castro 19300/1996 rúa Santiña 18508/1996 terreos municipais
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)