ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Solicitude de licenza de obras de FENOSA para a canalización subterránea de cable eléctrico, colocación de postes e outras obras (1996-2001)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF086.SF087.S0682.19865/1

  • Título Solicitude de licenza de obras de FENOSA para a canalización subterránea de cable eléctrico, colocación de postes e outras obras (1996-2001)

  • Data(s) 1996-2001 (Produción)

  • Volume e soporte varios expedientes, soporte papel

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Número expediente - Situación da obra 3346/2001 Praza da Pedreira 18488/2001 rúa Uxío Novoneira 2 218/2001 rúa Filgueira Valverde 10 16972/1996 rúa Santiña 63 16973/1996 rúa a Estrada e Joaquín Costa 49 12050/1996 rúa da Estación 25501/1997 instalación de cabinas 23530/1997 Praza de Barcelos 20073/1997 rúa do Cordón 18792/1997 rúa Emilio Celso Ferreiro 16906/1997 canalizacións 16333/1997 Avenida de Lugo

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)

Área de control da descrición