ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Anteproxecto de acondicionamento e reformas interiores na Casa do Concello de Moraña (1988-1989)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36032.AM.MOR.2.GF002.F0007.SF083.SF085.S0663.291/6

  • Título Anteproxecto de acondicionamento e reformas interiores na Casa do Concello de Moraña (1988-1989)

  • Data(s) 1988 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Moraña(1836-2015) O territorio do Concello de Moraña sitúase no interior da provincia de Pontevedra E linda cos concellos de Campo Lameiro, Cuntis, Barro, Portas, Caldas de Reis e Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós corenta quilómetros cadrados con setenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias: Amil, Cosoirado, Gargantáns, Lamas, Laxe, San Lourenzo de Moraña, Santa Xusta de Moraña, Rebón e Saiáns, nas que residen algo menos de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Peñaflor con señorío do conde de Graxal, coa excepción do couto de Amil, con señorío da marquesa de Vilar. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, chegaron a funcionar os concellos de Saiáns e Moraña. No ano 1836 créase o Concello de Moraña como entidade local independente, practicamente coa configuración actual.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Moraña

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Anteproxecto de acondicionamento de baixo cuberta, e reformas interiores da Casa do Concello. Propietario: Concello de Moraña. Situación: Moraña. Contén: - Orde do 24 de abril de 1988 da Consellería de Presidencia e Orden do 10 de febreiro de 1989 da Consellería de Presidencia e Administración Pública sobre a concesión de axudas para construción, adaptación e reforma de casas dos concellos.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Moraña (Tema) (Creador)

Área de control da descrición