Fondos
-
SF086. 2.1.6. Regulación das obras de particulares e de terceiros
20117/12. Denuncia urbanística presentada por Ramón Iglesias Vilarelle
Denuncia urbanística presentada por Ramón Iglesias Vilarelle
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF086.SF090.S0695.20117/12
Título Denuncia urbanística presentada por Ramón Iglesias Vilarelle
Data(s) 2013 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente número 9306/2013 a nome de Ramón Iglesias Vilarelle Denuncia urbanística por construción de piscina sen a preceptiva licenza. Denunciado: Descoñecido Situación: Ramallás-Lérez, número 36 REF CATASTRAL: REF SDUMAPA: DU 030/2013
Ãrea de notas
Nota 20-11-2022
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Infracción urbanística España Galicia Pontevedra Pontevedra (Concello) Lérez (San Salvador) Ramallás (Lérez)
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Pontevedra (Concello) Lérez (San Salvador) Ramallás (Lérez)
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)