ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expediente da Comunidade de Augas de "Pazos-Chan" (1972-2010)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36902.AM.CERCOT.4.GF002.F0008.SF094.S0729.2.750/5

  • Título Expediente da Comunidade de Augas de "Pazos-Chan" (1972-2010)

  • Data(s) 1972-2010 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Cotobade(1836-2015) O territorio do concello de Cotobade sitúase no interior da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, A Lama, Ponte Caldelas e Pontevedra. Ocupa unha superficie total superior ós cento vinte e nove quilómetros cadrados con cento trinta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas trece parroquias: Aguasantas, Almofrei, Borela, Carballedo, Caroi, Corredoira, Loureiro, Rebordelo, San Xurxo de Sacos, Santa María de Sacos, Tenorio, Valongo e Viascón, nas que residen algo máis de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Cotobade con señorío do duque de Soutomaior, coa excepción de Caroi, integrada na xurisdicción de Montes, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no Partido Xudicial de Caldebergazo ou A Lama, chegaron a funcionar os concellos de Famelga, Tenorio, San Xurxo de Sacos e Carballedo. No ano 1836 créase o concello de Cotobade como entidade local independente, coa configuración actual, agás a parroquia de Caroi que se lle agrega ó seu territorio no ano 1904, segregándose do concello da Lama.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Cerdedo-Cotobade

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente da Comunidade de Augas de "Pazos / Chan". Contén: - Estatuso e ordenanzas da comunidade de usuarios "Pazos / Chan" para abastecemento domiciliario dos lugares de Igrexa, Berberote, Xión, Pazos e Chan da parroquia de San Miguel de Carballedo en Cotobade (2008). - Relación nominal de usuarios . - Copia do contrato administrativo de traída de auga potable e subministración da mesma ao domicilio na parroquia de Carballedo. Lugares de Chan, Pazos, Berberote e Xión (1972). - Copia do expediente de Augas de Galicia DH.A.36.15007 de concesión dun caudal procedente de sete mananciais nos montes de Carballedo con destino a uso doméstico (2010).

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición