ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

1.5. PATRIMONIO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36902.AM.CERCOT.5.GF001.F0005

  • Título 1.5. PATRIMONIO

  • Data(s) 1858-2007 (Creación)

  • Volume e soporte 16 unidades de isntalación; 95 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Cerdedo(1836-2015) O concello de Cerdedo enclávase na Terra de Montes, no interior da provincia de Pontevedra; conta con 49 entidades de poboación dispersas en 79 quilómetros cadrados, nos que residen algo máis de 4.000 habitantes. Fórmano na actualidade un total de oito parroquias: Castro, Cerdedo, Figueroa, Folgoso, Parada, Pedre, Quireza e Tomonde. No antigo réxime intégrase este territorio na provincia de Santiago, dentro da diocese do mesmo nome, detentando o seu arcebispado a xurisdicción de Montes, á que pertencen a totalidade das parroquias deste concello. Estaba enclavado inicialmente no Partido Xudicial de Tabeirós, que logo pasará a denominarse A Estrada, territorio no que viña funcionando a finais do século XVIII e primeiros do XIX de forma irregular o concello de Figueroa. Na definitiva constitución dos concellos de 1836 establécese para o Partido Xudicial de Tabeirós un total de tres concellos: Forcarei, Cereixo (logo A Estrada) e Cerdedo. Créase este último cun total de nove parroquias, unha máis das actuais, sendo a de Santa María de Castrelo segregada e incorporada ó concello de Forcarei no ano 1872. Ó longo destes séculos houbo varios intentos de fusión dos concellos de Cerdedo e Forcarei, especialmente en 1841 e 1868.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Cerdedo-Cotobade

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Grupo de Función: GF001.
    Función: F0005
    5.- PATRIMONIO
    
    Densenvólvese nas seguintes 2ª Divisións de Función (Subfuncións):
    
    SF0471.5.1. Administración de bens e dereitos
    SF0481.5.2.Adquisición de bens e dereitos
    SF0491.5.3.Alteración da cualificación xurídica dos bens
    SF0501.5.4.Uso de bens e dereitos
    SF0511.5.5.Defensa de bens e dereitos
    SF0521.5.6.Alleamento de bens e dereitos
    SF0531.5.7.Permuta
    SF0541.5.8.Expropiacións
    SF135 1.5.9. Deslindes

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Cerdedo (Tema) (Creador)

Área de control da descrición