Fondos
3.1.1. Rexistros de poboación
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36902.AM.CERCOT.5.GF003.F0010.SF110
Título 3.1.1. Rexistros de poboación
Data(s) 1946-2003 (Creación)
Volume e soporte 46 unidades de instalación; 95 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Cerdedo(1836-2015) O concello de Cerdedo enclávase na Terra de Montes, no interior da provincia de Pontevedra; conta con 49 entidades de poboación dispersas en 79 quilómetros cadrados, nos que residen algo máis de 4.000 habitantes. Fórmano na actualidade un total de oito parroquias: Castro, Cerdedo, Figueroa, Folgoso, Parada, Pedre, Quireza e Tomonde. No antigo réxime intégrase este territorio na provincia de Santiago, dentro da diocese do mesmo nome, detentando o seu arcebispado a xurisdicción de Montes, á que pertencen a totalidade das parroquias deste concello. Estaba enclavado inicialmente no Partido Xudicial de Tabeirós, que logo pasará a denominarse A Estrada, territorio no que viña funcionando a finais do século XVIII e primeiros do XIX de forma irregular o concello de Figueroa. Na definitiva constitución dos concellos de 1836 establécese para o Partido Xudicial de Tabeirós un total de tres concellos: Forcarei, Cereixo (logo A Estrada) e Cerdedo. Créase este último cun total de nove parroquias, unha máis das actuais, sendo a de Santa María de Castrelo segregada e incorporada ó concello de Forcarei no ano 1872. Ó longo destes séculos houbo varios intentos de fusión dos concellos de Cerdedo e Forcarei, especialmente en 1841 e 1868.
Institución arquivística Arquivo municipal de Cerdedo-Cotobade
Área de contido e estrutura
Organizació
Función F0010 Subfunción SF110. 3.1.1.Rexistros de poboación Densenvólvese nas seguintes series: S0887SF110Rexistro de nacementos S0888SF110Rexistro de matrimonios S0889SF110Rexistro de defuncións S0890SF110Censo de edificios e vivendas S0891SF110Cartas de veciñanza S0892SF110Certificacións de empadroamento, residencia e convivencia S0893SF110Matrículas de estranxeiros S0894SF110 Expediente de altas no padrón municipal de habitantes S0895SF110Expediente de baixas no padrón municipal de habitantes S0896SF110Expediente de cambios de enderezo no padrón municipal de habitantes S0897SF110Traballos preliminares para a confección do padrón municipal de habitantes S0898SF110Expediente de formación do padrón municipal de habitantes S0899SF110Follas declaratorias do padrón municipal de habitantes S0900SF110Cadernos auxiliares do padrón municipal de habitantes S0901SF110Padróns municipais de habitantes S0902SF110Rectificacións anuais do padrón municipal de habitantes
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Cerdedo (Tema) (Creador)