ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Libro de actas de sesións do Pleno

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36028.AM.MEI.2.GF001.F0001.SF003.S0020

  • Título Libro de actas de sesións do Pleno

  • Data(s) 1930-2014 (Creación)

  • Volume e soporte 8 unidades de instalación; 29 libros;1.246 actas de sesión

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Meis(1836-2015) O concello de Meis abarca a parte noroccidental do Castrove chegando ata o Umia, linda cos concellos de Vilanova de Arousa, Portas, Barro, Poio, Meaño e Ribadumia e está integrado no partido xudicial de Cambados. Conta cunha superficie de 52 quilómetros cadrados, nos que residen algo máis de cinco mil habitantes, distribuídos en 96 entidades de poboación e sete parroquias: A Armenteira, San Martiño e San Salvador de Meis, San Tomé, San Lourenzo e San Vicente de Nogueira e Paradela. Historicamente estivo integrado na provincia de Santiago, con diferentes xurisdiccións: a de Cambados, con señorío do conde de Monterrei; a de San Tomé do Mar, con señorío do marqués de Monte Sacro; e as da Lanzada e Vilanova de Arousa, con señorío do arcebispo de Santiago. Créase constitucionalmente este concello no ano 1836, dentro da configuración definitiva do partido xudicial de Cambados, coas mesmas parroquias actuais, sen máis cambios nestes anos de existencia que no referente á situación da súa capitalidade.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Meis

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do Concello, asinadas alomenos polo secretario e o Alcalde. É un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal.

  • Organizació

    F0001 Función
    SF003 Subfunción
    S0020 Serie

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Meis (Tema) (Creador)

Área de control da descrición