ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

2.2.7. Regulación do impacto das actividades

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36028.AM.MEI.2.GF002.F0008.SF098

  • Título 2.2.7. Regulación do impacto das actividades

  • Data(s) 1932-2018 (Creación)

  • Volume e soporte 118 unidades de instalación; 1.428 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Meis(1836-2015) O concello de Meis abarca a parte noroccidental do Castrove chegando ata o Umia, linda cos concellos de Vilanova de Arousa, Portas, Barro, Poio, Meaño e Ribadumia e está integrado no partido xudicial de Cambados. Conta cunha superficie de 52 quilómetros cadrados, nos que residen algo máis de cinco mil habitantes, distribuídos en 96 entidades de poboación e sete parroquias: A Armenteira, San Martiño e San Salvador de Meis, San Tomé, San Lourenzo e San Vicente de Nogueira e Paradela. Historicamente estivo integrado na provincia de Santiago, con diferentes xurisdiccións: a de Cambados, con señorío do conde de Monterrei; a de San Tomé do Mar, con señorío do marqués de Monte Sacro; e as da Lanzada e Vilanova de Arousa, con señorío do arcebispo de Santiago. Créase constitucionalmente este concello no ano 1836, dentro da configuración definitiva do partido xudicial de Cambados, coas mesmas parroquias actuais, sen máis cambios nestes anos de existencia que no referente á situación da súa capitalidade.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Meis

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0008
    Subfunción SF098
    2.2.7. Control de animais
    
    Desenvólvese nas seguintes series:
    
    S0761SF098Licenzas de apertura de actividades inocuas
    S0762SF098Licenzas de apertura de actividades molestas, insalubres, nocivas e
    perigosas
    S0763SF098Libro rexistro de industrias
    S0764SF098Rexistro de actividades
    
    S0765SF098 Declaracións responsables ou comunicacións de actividade
    S0766SF098Licenzas e comunicacións previas de actividades inocuas e de baixo
    risco
    S0767SF098Licenzas e comunicacións previas de actividades con incidencia
    ambiental
    S0768SF098Licenzas e comunicacións previas de establecementos, espectáculos e
    actividades con finalidades recreativas
    S0769SF098Licenzas e comunicacións previas de vivendas de uso turístico
    S0770SF098Licenzas e comunicacións previas de apertura e uso de centros de culto
    S0771SF098Caducidade ou reción de licenza de actividade
    S0772SF098Baixas de actividades
    S0773SF098Modificación ou renuncia de licenza de actividade
    S0774SF098Cambios de titularidade de actividades
    S0775SF098Verificación e control de actividades
    S0776SF098Denuncias de actividades
    S0777SF098Expediente sancionadores en materia de actividades económicas e
    recreativas
    S0778SF098Infraccións ambientais

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Meis (Tema) (Creador)

Área de control da descrición