Fondos
SF005. 1.1.5. Xunta de goberno local
-
S0069. Expediente de sesións da Xunta de Goberno Local (2004-2016)
1.1.5. Xunta de goberno local
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36902.AM.CERCOT.4.GF001.F0001.SF005
Título 1.1.5. Xunta de goberno local
Data(s) 1924-2016 (Creación)
Volume e soporte 34 unidades de instalación; 203 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Cotobade(1836-2015) O territorio do concello de Cotobade sitúase no interior da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, A Lama, Ponte Caldelas e Pontevedra. Ocupa unha superficie total superior ós cento vinte e nove quilómetros cadrados con cento trinta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas trece parroquias: Aguasantas, Almofrei, Borela, Carballedo, Caroi, Corredoira, Loureiro, Rebordelo, San Xurxo de Sacos, Santa María de Sacos, Tenorio, Valongo e Viascón, nas que residen algo máis de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Cotobade con señorío do duque de Soutomaior, coa excepción de Caroi, integrada na xurisdicción de Montes, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no Partido Xudicial de Caldebergazo ou A Lama, chegaron a funcionar os concellos de Famelga, Tenorio, San Xurxo de Sacos e Carballedo. No ano 1836 créase o concello de Cotobade como entidade local independente, coa configuración actual, agás a parroquia de Caroi que se lle agrega ó seu territorio no ano 1904, segregándose do concello da Lama.
Institución arquivística Arquivo municipal de Cerdedo-Cotobade
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Recolle as series documentais destes órganos colexiados que representan a función de asesoramento ao Pleno e ao Alcalde, con capacidade de decisión e de execución das competencias que lle delegan e os seus antecedentes (Comisión de Goberno e Comisión Permanente). - Libro de actas da Comisión Municipal Permanente A Comisión Municipal Permanente é un órgano creado co Estatuto Municipal de 1924 e que desaparece no ano 1985. É unha serie pechada que ten, polo tanto, unhas datas extremas de iniciación ( 1924 ) e de finalización ( 1985 ). Neste intervalo temporal estas Comisións Municipais Permanentes foron suprimidas, excepto nos concellos de máis de 20.000 habitantes, polo Decreto do Ministerio da Gobernación de 16 de xuño de 1931 que revisa todas as disposicións da ditadura desde 1923 a 1931, e reposta pola Lei de Réxime Local de 1945, reaparecendo na maior parte dos concellos a partir de 1949. Esta lei estipula a obrigatoriedade deste órgano de goberno nos concellos de máis de 2.000 habitantes; finalmente desaparece coa Lei 7/1985 de Bases do Réxime Local, de 2 de abril. O libro é un documento simple, encadernado, que recolle as actas das sesións celebradas nese período. Conta con dilixencia de apertura e de peche, coas súas follas numeradas. - Libro de actas da Comisión de Goberno Órgano creado en 1985 e que desaparece coa entrada en vigor da lei 57/2003 de medidas para a modernización do Goberno Local, substitúelle a Xunta de Goberno Local. A Comisión de Goberno intégrase polo Alcalde e un número de concelleiros non superior ao terzo do número legal dos mesmos, nomeados e separados libremente por aquel, dando conta ao Pleno. O libro é un documento simple, habitualmente encadernado, en papel oficial, que recolle as actas das sesións celebradas nese período. Conta con dilixencia de apertura e de peche, coas súas follas numeradas. - Libro de actas da Xunta de Goberno Local A Xunta de Goberno Local (lei 57/2003 de 16 decembro, de medidas para a modernización do Goberno Local) existe en todos os municipios con poboación superior a 5.000 habitantes e nos de menos, cando así o dispoña o seu regulamento orgánico ou así o acorde o Pleno do seu concello. Intégrase polo Alcalde e un número de concelleiros non superior ao terzo do número legal dos mesmos, nomeados e separados libremente por aquel, dando conta ao Pleno. O libro é un documento simple, habitualmente encadernado, en papel oficial, que recolle as actas das sesións celebradas nese período. Conta con dilixencia de apertura e de peche, coas súas follas numeradas. - Expedientes sesións da Comisión Municipal Permanente. Contén o conxunto de expedientes tramitados como consecuencia da celebración de cada unha das reunións da Comisión Municipal Permanente. Cada un deles está formado habitualmente pola orde do día da sesión, a convocatoria, a acta da sesión anterior, así como borradores das actas, acordos adoptados, documentos tratados no sesión e notificacións. - Expedientes sesións da Comisión de Goberno. Contén o conxunto de expedientes tramitados como consecuencia da celebración de cada unha das reunións da Comisión de Goberno. Cada un deles está formado habitualmente pola orde do día da sesión, a convocatoria, a acta da sesión anterior, así como borradores das actas, acordos adoptados, documentos tratados no sesión e notificacións. - Expedientes sesións da Xunta de Goberno Local. Contén o conxunto de expedientes tramitados como consecuencia da celebración de cada unha das reunións da Xunta Local de Goberno. Cada un deles está formado habitualmente pola orde do día da sesión, a convocatoria, a acta da sesión anterior, así como borradores das actas, acordos adoptados, documentos tratados no sesión e notificación.
Organizació
Función F0001 Subfunción SF005. 1.1.5.Xunta de goberno local Densenvólvese nas seguintes series: S0069SF005Expediente de sesións da Xunta de Goberno Local S0070SF005Libro de actas de sesións da Xunta de Goberno Local S0071SF005Expediente de sesións da Comisión de Goberno S0072SF005Libro de actas de sesións da Comisión de Goberno S0073SF005Expediente de sesións da Comisión Permanente S0074SF005Libro de actas de sesións da Comisión Permanente
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Cotobade (Tema) (Creador)