Fondos
-
ES.GA.36031.AM.MONBAL.3. CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO (FUNCIONAL)
S0370. Inventario xeral de bens
-
466/7. Expediente de exención de contribución territorial de terreos do Concello (1945-1958)
-
467/4. Expediente do pagamento do imposto de dereitos reais (1935)
-
466/13. Acta extendida a requirimento do Concello pola Central eléctrica de Sestelo y Cía (1958)
-
466/19. Expediente da herdanza outorgada por Celso Méndez Saavedra-Brandón (1958)
-
466/22. Retrato de Primo de Rivera asinado e dedicado ao Concello. Litografía (1929)
-
467/11. Relación xurada de bens de Isabel López Alonso (1929)
Inventario xeral de bens
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36031.AM.MONBAL.3.GF001.F0005.SF047.S0370
Título Inventario xeral de bens
Data(s) 1929-2001 (Creación)
Volume e soporte 6 unidades de instalación; 17 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Mondariz-Balneario(1924-) O concello de Mondariz-Balneario ocupa unha superficie non superior ós 2,5 quilómetros cadrados, cunha única parroquia, a de Nosa Señora de Lourdes, e tres entidades singulares de poboación: O Pazo, San Pedro e Mondariz-Balneario. Nelas residen algo máis de setecentos habitantes. Inclúese este territorio no partido xudicial de Ponteareas e na comarca xeográfica do Condado; no antigo réxime pertencía á provincia de Tui ata a división constitucional. Neste proceso de establecemento definitivo dos concellos, culminado en 1836, dentro do que entón era partido xudicial de Ponteareas, establécense os concellos de Mondariz, Ponteareas, Setados e Salvaterra de Miño. O concello de Mondariz-Balneario xorde como escisión do concello de Mondariz a finais do ano 1924, logo dunha previa segregación parroquial que supuxo a creación da parroquia de Nosa Señora do Carme de Troncoso, nos comezos do século XX, logo denominada Nosa Señora de Lourdes. Tamén se produciu a constitución inmediatamente anterior dunha Entidade Local Menor nesta parroquia, o que vén a se-lo antecedente directo da súa segregación e configuración como concello diferenciado. Dende entón ata a actualidade mantense esta realidade administrativa, configurándose como un dos concellos máis pequenos do Estado.
Institución arquivística Arquivo municipal de Mondariz-Balneario
Área de contido e estrutura
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Mondariz-Balneario (Tema) (Creador)