ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

2.2.6. Control de animais

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36031.AM.MONBAL.3.GF002.F0008.SF097

  • Título 2.2.6. Control de animais

  • Data(s) 1940-2011 (Creación) 1940 - (Produción) - 2011 (Produción)

  • Volume e soporte 4 unidades de instalación; 7 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Mondariz-Balneario(1924-) O concello de Mondariz-Balneario ocupa unha superficie non superior ós 2,5 quilómetros cadrados, cunha única parroquia, a de Nosa Señora de Lourdes, e tres entidades singulares de poboación: O Pazo, San Pedro e Mondariz-Balneario. Nelas residen algo máis de setecentos habitantes. Inclúese este territorio no partido xudicial de Ponteareas e na comarca xeográfica do Condado; no antigo réxime pertencía á provincia de Tui ata a división constitucional. Neste proceso de establecemento definitivo dos concellos, culminado en 1836, dentro do que entón era partido xudicial de Ponteareas, establécense os concellos de Mondariz, Ponteareas, Setados e Salvaterra de Miño. O concello de Mondariz-Balneario xorde como escisión do concello de Mondariz a finais do ano 1924, logo dunha previa segregación parroquial que supuxo a creación da parroquia de Nosa Señora do Carme de Troncoso, nos comezos do século XX, logo denominada Nosa Señora de Lourdes. Tamén se produciu a constitución inmediatamente anterior dunha Entidade Local Menor nesta parroquia, o que vén a se-lo antecedente directo da súa segregación e configuración como concello diferenciado. Dende entón ata a actualidade mantense esta realidade administrativa, configurándose como un dos concellos máis pequenos do Estado.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Mondariz-Balneario

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0008
    Subfunción SF097
    2.2.6. Control de animais
    
    Desenvólvese nas seguintes series:
    
    S0751SF097Expediente de sanidade veterinaria
    S0752SF097 Expediente de inspección veterinaria
    S0753SF097Censos de animais
    S0754SF097Libro rexistro de epizootias
    S0755SF097Libro rexistro de matanzas domiciliarias
    S0756SF097Libro rexistro do servizo veterinario
    S0757SF097Licenza de animais potencialmente perigosos
    S0758SF097Expediente sancionador de animais
    S0759SF097Rexistro de animais potencialmente perigosos
    S0760SF097Xestión da recollida de animais abandonados

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Mondariz-Balneario (Tema) (Creador)

Área de control da descrición