Fondos
ES.GA.36057.AM.VIG.17. XUNTA CARCERARIA DO PARTIDO XUDICIAL DE VIGO
XUNTA CARCERARIA DO PARTIDO XUDICIAL DE VIGO
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.17
Título XUNTA CARCERARIA DO PARTIDO XUDICIAL DE VIGO
Data(s) 1887 - 1957 (Creación) 1887 - (Produción) - 1957 (Produción)
Volume e soporte 22 unidades de instalación con 206 expedientes ou agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Xunta Carceraria do Partido Xudicial de Vigo(1886 - ca.1957) A Lei de Bases do 21 de outubro de 1869 “para a reforma e mellora dos cárceres e presidios e para a planificación dun bo sistema penintenciario" clasifica os establecementos penitenciarios entre depósitos municipais, cárceres de partido, cárceres de Audiencia, presidios, casas de corrección e colonias penitenciarias. Os Concellos eran os encargados dos depósitos municipais e cárceres de partido. De conformidade ao Real Decreto do 11 de marzo de 1886 establecíase a obriga dos concellos de soster os gastos derivados do mantemento deste establecementos penitenciarios. Para tal finalidade, debería elaborarse un orzamento especial para as atencións carcerarias mendiante a achega de fondos por parte de todos os concellos do Partido Xudicial. Dito orzamento era aprobado por unha Xunta que estaba presidida polo Alcalde do concello cabeza de partido e composto por un representante de cada concello que conformaba o partido xudicial de Vigo. Ademais, o secretario da Xunta era o secretario do concello cabeza de partido. Os partidos xudiciais son unha división territorial que xorde na etapa constitucional e que actualmente son o ámbito territorial competencial dos xulgados de primeira instancia e instrución. Coa Constitución de Cádiz de 1812 establecíase a división provincial e dispúñase a creación dos partidos xudiciais, proporcionalmente iguais. Á cabeza destes partidos había un xuíz de letras. Ademais do carácter xudicial dos partidos, estes tamén se utilizaban para finalidades administrativas como demarcacións electorais, notariais ou rexistrais. A división en partido xudiciais da Provincia de Pontevedra foi evolucionando ao longo da etapa liberal aumentando ou diminuíndo o seu número en función das modificacións das bases do sistema territorial xudicial mediante a agregación ou segregación de concellos a uns ou a outros partidos. No caso do Partido Xudicial de Vigo, este estivo inicialmente formado polos concellos de Bouzas, Lavadores, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona e Gondomar. Con posterioridade o número de concellos que integraban este Partido diminuiría, segregándose o concello de Redondela. Finalmente, coa absorción do Concello de Bouzas por parte do Concello de Vigo en 1904 o Partido Xudicial ficaría conformado polos seguintes entes municipais: > Concello de Bouzas (integrado no Concello de Vigo en 1904) > Concello de Lavadores (integrado no Concello de Vigo en 1941) > Concello de Vigo (cabeza do Partido) > Concello de Gondomar > Concello de Baiona > Concello de Nigrán
Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo
Historia arquivística Esta documentación estaba incorrectamente integrada no fondo municipal conformando unha “sección” dentro do mesmo. Durante o proceso de reorganización dos fondos documentais iniciado en 2020, e de conformidade ao principio de procedencia, foi segregado, no ano 2023, conformando un fondo documental de seu.
Forma do ingreso Descoñécese, aínda que é posible que a súa acumulación derive do cargo presidencial que ostentaba o alcalde do Concello de Vigo
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Fondo documental composto case exclusivamente por documentación de carácter económico, orzamentario e contable derivada das funcións encomendadas ás Xuntas Carcerarias dos partidos xudiciais. Entre a documentación destacan os orzamentos ordinarios e orzamentos extraordinarios para obras, e os libros contables como por exemplo os libros maiores, os libros auxiliares de ingresos e gastos, os libros de intervención de ingresos e gastos, os libros de actas de arqueo etc. Ademais tamén podemos encontrar documentación de carácter directivo e administrativo como o Libro de actas da Xunta ou expedientes de persoal.
Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo dado a pequena dimensión do fondo e o seu carácter patrimonial e de conservación permanente.
Novos ingresos Non se esperan novos ingresos ao tratarse dun fondo documental pechado pertencente a unha institución extinguida
Organizació
O fondo está organizado nas seguintes seccións e series documentais: 1.- GOBERNO E ADMINISTRACIÓN (1924-1955). 1.1. Libro de actas da Xunta Carceraria do Partido Xudicial de Vigo (1924-1952) 1.2. Expedientes de sesións da Xunta Carceraria do Partido Xudicial de Vigo (1944-1945) 1.3. Correspondencia e certificacións (1934-1955) 1.4. Expedientes de persoal (1930-1954) 1.5. Recursos e reclamacións xurídico-administrativas (1935-1943) 1.6. Expedientes de patrimonio e obras (1929-1953) 2.- CONTROL ORZAMENTARIO 2.1.- Orzamentos carcerarios (1926-1954) 2.2.- Libro borrador de pagamentos carcerarios (1887-1918) 2.3.- Diario borrador de ingresos carcerarios (1929-1953) 2.4.- Diario borrador de gastos carcerarios (1931-1953) 2.5.- Libro de intervención de ingresos especiais (1941-1952) 2.6.- Libro de intervención de pagamentos especiais (1941-1952) 2.7.- Libro borrador de ingresos e pagamentos carcerarios (1915-1938) 2.8.- Libro auxiliar de ingresos carcerarios (1915-1935) 2.9.- Libro auxiliar de gastos carcerarios (1926-1940) 2.10.- Libro auxiliar de ingresos e gastos carcerarios (1944-1953) 2.11.- Libro de caixa carcerario (1924-1956) 2.12.- Arqueos e balances carcerarios (1924-1957) 2.13.- Libro maior das operacións de contabilidade (1939-1940) 2.14.- Contas carcerarias (1921-1954)
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación de carácter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Documentación en soporte papel na súa totalidade. Aprécianse notables perdas documentais.
Instrumentos de descrición Cadro de clasificación - inventario Índice - inventario Catálogo informatizado accesible a traves do portal Atopo: https://atopo.depo.gal/
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Descoñécese a existencia doutros orixinais
Existencia e localización de copias Descoñécese a existencia doutras copias
Unidades de descrición relacionadas Pode encontrarse documentación relacionada nos fondos documentais municipais dos concellos pertencentes ao Partido Xudicial de Vigo
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Xunta Carceraria do Partido Xudicial de Vigo (Tema) (Creador)