Fondos
S0020. Libro de actas de sesións do Pleno
Libro de actas de sesións do Pleno
Área de identificación
Código(s) de referencia 3.GF001.F0001.SF003.S0020
Título Libro de actas de sesións do Pleno
Data(s) 1839-2016 (Creación)
Volume e soporte 16 unidades de instalación con 79 libros
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Barro(1936-2015) O concello de Barro sitúase ó noroeste da provincia de Pontevedra e linda cos concellos de Pontevedra, Moraña, Portas e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e oito quilómetros cadrados cun total de cincuenta e tres entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: Agudelo, Barro, Curro, Perdecanai, Portela e Valiñas, nas que residen algo máis de tres mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Peñaflor, na que o señorío pertencía ó conde de Graxal. No proceso de establecemento constitucional dos concellos este territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, correspondía ó concello de Trasumia; será no ano 1836, dentro da planificación definida para o antedito partido xudicial, cando se establece o concello de Barro coas mesmas parroquias e disposición territorial que mantén hoxe.
Institución arquivística Arquivo municipal de Barro
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas alo menos polo secretario e o Alcalde . Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal.
Organizació
F0001 Función SF003 Subfunción S0020 Serie
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Barro (Tema) (Creador)