Fondos
SF035. 1.4.1. Organización dos recursos humanos
1.4.1. Organización dos recursos humanos
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36017.AM.EST.2.GF001.F0004.SF035
Título 1.4.1. Organización dos recursos humanos
Data(s)
Volume e soporte
Área de contexto
Nome do produtor Concello da Estrada(1836-2018) O territorio do concello da Estrada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Padrón, Teo, Vedra e Boqueixón, da provincia da Coruña, e cos de Silleda, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cuntis, Valga e Pontecesures, da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós douscentos sesenta e oito quilómetros cadrados, con catrocentas setenta e tres entidades de poboación, dispersas nas súas actuais cincuenta e unha parroquias: Agar, Aguións, San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Arca, Arnois, Baloira, Barbude, San Miguel de Barcala, Santa Mariña de Barcala, Berres, Callobre, Castro, Cereixo, Codeseda, Cora, Couso, Curantes, A Estrada, Frades, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Liripio, Loimil, Matalobos, Moreira, Nigoi, Oca, Olives, Orazo, Ouzande, Parada, Paradela, Pardemarín, Remesar, Ribeira, Ribela, Riobó, Rubín, Sabucedo, Santeles, A Somoza, Souto, Tabeirós, Toedo, Santo André de Vea, San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea e Vinseiro, nas que residen máis de vintecinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. O seu territorio dependía daquela das xurisdiccións de Cira, con señorío do conde de Altamira; da xurisdicción de Codeseda, con señorío do Cabido de Santiago; da xurisdicción de Oca, con señorío do conde de Amarante; da xurisdicción de Tabeirós, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Vea, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Veiga, con señorío do Cabido de Santiago, e da xurisdicción do Viso, con señorío do marqués de Aranda. Chegaron a funcionar neste territorio os concellos de Bemposta, A Estrada, Codeseda, Parada, Oca e Vea. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX, dentro do partido xudicial de Tabeirós créanse os concellos de Cereixo, Forcarei e Cerdedo. O concello de Cereixo mantén dende entón a mesma disposición territorial anque cambiará a súa denominación e capitalidade pola da Estrada no ano 1841. Á súa vez o partido xudicial cambia a súa denominación no ano 1869 pasando de chamarse Tabeirós a denominarse A Estrada.
Institución arquivística Arquivo municipal da Estrada
Área de contido e estrutura
Organizació
Función F0004 Subfunción SF0035 1.4.1. Organización dos recursos humanos Desenvólvese nas seguintes series: S0310SF035 Expediente persoais S0311SF035 Cadros de persoal S0312SF035 Ofertas de emprego público S0313SF035 Expediente de escala do persoal S0314SF035 Expediente de organización e métodos do persoal S0315SF035 Libro rexistro de asistencia do persoal S0316SF035 Libro rexistro de empregados S0317SF035 Libro rexistro de matrícula do persoal S0318 SF035 Certificacións e informes de persoal S1027 SF035 Modificación das condicións de traballo S1039 SF035 Delegacións de funcións
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello da Estrada (Tema) (Creador)