Fondos
2. XESTIÓN DO TERRITORIO
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36027.AM.MEA.2.GF002
Título 2. XESTIÓN DO TERRITORIO
Data(s) 1863-2018 (Creación)
Volume e soporte 715 unidades de instalación; 6853 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Meaño(1836-2015) O concello de Meaño sitúase no oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Ribadumia, Meis, Poio, Sanxenxo e Cambados, dentro do que se coñece como Comarca do Salnés. Conta cun total de 58 entidades de poboación dispersas en sete parroquias diferentes: Covas, Dena, Lores, Meaño, Padrenda, Simes e Xil, nas que residen algo máis de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a da Lanzada na que o señorío correspondía ó arcebispo de Santiago e que ocupaba as parroquias de Covas, Dena, Xil, Lores, Meaño e Padrenda; e o couto de Simes con xurisdiccións do mosteiro de San Xoán de Poio. No proceso de establecemento constitucional dos concellos culminado en 1836, dentro do que entón era partido xudicial de Cambados, establécense os concellos de Carril, Vilaxoán, Meaño, Meis, Sanxenxo, O Grove, Cambados, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa. No caso de Meaño queda integrado polas sete parroquias que aínda hoxe o compoñen e non se ten producido modificación ningunha na súa configuración ó longo dos anos.
Institución arquivística Arquivo municipal de Meaño
Área de contido e estrutura
Organizació
Grupo de Función: GF002. 2.-XESTIÓN DO TERRITORIO Densenvólvese nas seguintes funcións:: F0007 2.1.URBANISMO, OBRAS E MOBILIDADE F0008 2.2.SUSTENTABILIDADE E MEDIO AMBIENTE F0009 2.3.ORDENACIÓN E PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Meaño (Tema) (Creador)