ATOPO
Rexistros actuais: 1.635.332
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.404

Expediente da anexión da parroquia de San Pedro de Matamá ao Concello de Vigo (1900-1901)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.1..GF001.F0001.SF001.S0005.386/2

  • Título Expediente da anexión da parroquia de San Pedro de Matamá ao Concello de Vigo (1900-1901)

  • Data(s) 1900-1901 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente. 13 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de anexión da parroquia de Matamá ao Concello de Vigo. Contén:

    > Oficio de remisión do expediente de segregación por parte do Goberno Civil ao Concello de Vigo;
    > Extracto de acta de sesión do 11 de abril de 1900 e providencia da Alcaldía;
    > Comunicación remitida por parte do Concello de Vigo ao Goberno Civil;
    > Resolución da Comisión de Fomento da Deputación de Pontevedra;
    > Extracto de acordo da corporación do 11 de maio de 1901;
    > Nomeamento de Antonio Fernández Alonso como Alcalde de Barrio de Matama;
    > Oficio de remisión do acordo do Concello de Bouzas nomeando a Antonio Cano de Lara como representante dese concello para o traslado de servizos municipais;
    > Extracto de acordo da corporación do 15 de xuño de 1900 nomeando a Pedro Álvarez, síndico, como representante do Concello de Vigo;
    > Extracto de acordo da sesión do 20 de febreiro de 1901;
    > Lista de documentación a transferir.

    Anos: 1900-1901.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición