Fondos
ES.GA.36038.AMUPO.10. JOSÉ CASAL Y LOIS
JOSÉ CASAL Y LOIS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.10
Título JOSÉ CASAL Y LOIS
Data(s) 1500-1912 (Creación) 1403-00-00 - 2017-06-30 (Produción)
Volume e soporte Trinta e tres caixas de arquivo. Soporte de papel
Área de contexto
Nome do produtor José Casal y Lois(1845-1912) José Casal e Lois (1845-1912) foi unha das persoas máis activas na vida cultural pontevedresa de finais do século XIX. Aínda que estudou medicina e exerceu o seu labor profesional como “médico de pobres”, destacou tamén na súa participación nas sociedades máis diversas da Pontevedra finisecular. En 1894 funda con D. Casto Sampedro e outros a “Sociedad Arqueológica” de Pontevedra, chegando a ser vicepresidente desta. Destácase o seu labor de recollida de información de todo aquilo que tiña que ver coa antropoloxía cultural da súa cidade natal, ó contrario ca D. Casto Sampedro, máis interesado no dato arqueolóxico, artístico e histórico
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Historia arquivística O arquivo de D. José Casal está composto por varios tipos de documentos. Dunha banda destacan os seus propios escritos e doutra os impresos da máis diversa natureza: folletos, follas soltas, carteis, estampas, etc. Tras a morte do seu creador o arquivo pasou en calidade de depósito á “Sociedad Económica” e logo da desaparición desta á “Escuela de Trabajo”. De alí pasou definitivamente ás dependencias do Museo
Forma do ingreso O herdeiro de S. José Casal, D. Lino Sanz Casal, fíxolle depósito de parte do conxunto á institución en 1940, pasando a doazón nos anos 60. Algunhas pezas xa foron adquiridas, coma o “Cancionero Gallego” comprado en 1943 a Dª Carmen Casal, e outros materiais foron doados por D. José Gorostola no 1944
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Despois da súa recente ordenación e catalogación o arquivo ocupa, incluíndo os folletos, un total de 38 caixas e 4 caixóns de planeiro. Hai que ter en conta que se poden atopar documentos hoxe en día desaparecidos que formaron parte do conxunto e que poden aumentar este número de caixas en unha ou dúas máis como moito. A ordenación e inventario dos materiais arquivísticos, nos que se inclúen as follas soltas, levouna a cabo nestes últimos meses Mª Jesús Fortes Alén coa axuda da entón bolseira do servizo Elena Díaz del Río. Por outro lado, a catalogación do material bibliográfico realizouno o persoal do CCPB (Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico). O cadro de clasificación fíxose atendendo basicamente á temática dos materiais e respetando o máis posible a que elaborara o propio D. José Casal
Valoración, selección e eliminación Non se fixo expurgo
Novos ingresos Non están previstos
Organizació
1. ESTUDOS REALIZADOS POR XOSÉ CASAL 1.1. ÍNDICES E BIBLIOGRAFÍA 1.1.1. Extractos e comentarios bibliográficos 1.2. LINGÜÍSTICA E LITERATURA 1.2.1. Antoloxía da Poesía Galega 1.2.2. Colección de Cantares Galegos 1.2.3. Extractos de obras literarias 1.3. ETNOGRAFÍA E FOLkLORE 1.3.1. Festas 1.3.2. Xogos Populares 1.3.3. Oficios 1.3.4. Tradición Oral 1.3.5. Arte Popular 1.3.6. Parroquias de Pontevedra 1.3.7. Calendario 1.4. HISTORIA, ARTE E ARQUEOLOXÍA 1.4.1. Arqueoloxía 1.4.2. Arquitectura e urbanismo 1.4.3. Arquitectura relixiosa 1.4.4. Historia 1.5. ACTIVIDADES E SERVICIOS 1.5.1. Beneficencia e Sanidade 1.5.2. Comercio e industria 1.5.3. Servicios 1.5.4. Periodismo e imprenta 1.5.5. Sociedades e asociacións 1.5.6. Exposicións, espectáculos e concursos 1.6. BIOGRAFÍA, XENEALOXÍA E HERÁLDICA 1.7. HISTORIA NATURAL DE GALICIA 2. ARQUIVOS FAMILIARES E PERSOAIS 2.1. CASA DE CAMBA 2.2. LUIS RODRÍGUEZ SEOANE 2.3. XOSÉ CASAL 3. ARQUIVOS DE SOCIEDADES E ASOCIACIÓNS 3.1. ASOCIACIÓNS CONFESIONAIS, BENÉFICAS, DE GREMIOS E CONFRARÍAS 3.1.1. Roperillo da Caridade "Santa Victoria" 3.1.2. Sociedade Antiesclavista 3.1.3. Cociña Económica 3.1.4. Sociedade dos Socorros Mutuos 3.1.5. Colexio De Sordomudos e Cegos De Santiago de Compostela 3.2. ASOCIACIÓNS EDUCATIVAS 3.3. ASOCIACIÓNS PROFESIONAIS 3.3.1. Colexio Farmacéutico 3.3.2. Asociación médico farmacéutica 3.3.3. Sociedades Agrícolas 3.3.4. Asociación Protectora do Obrero 3.3.5. Colexio de Procuradores 3.4. SOCIEDADES RECREATIVAS E CULTURAIS 3.4.1. Centro Galego de La Habana 3.4.2. Liceo da Xuventude de Santiago de Compostela 3.4.3. Sociedade Recreo de Artesáns 3.4.4. Sociedade Tertulia de Confianza 3.4.5. Liceo Ximnasio 3.4.6. Casino e Teatro do Liceo 3.4.7. Circo Teatro 3.4.8. Liceo Artístico Literario de Pontevedra 3.4.9. Círculo Católico de Obreiros de Pontevedra 3.5. ASOCIACIÓNS DE FEIRAS, CONCURSOS E CONMEMORACIÓNS 3.5.1. Asociación do Centenario da Batalla de Pontesampaio 3.5.2. Sociedade dos Xogos Florais 3.5.3. Exposicións Rexionais 3.5.4. Certames e Concursos 3.6. ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS 3.6.1. Sociedade Económica De Amigos Do Pais De Santiago 3.6.2. Sociedade Económica De Amigos Do Pais De Santiago 3.6.3. Sociedade Centro De Unión Mercantil E Cámara De Comercio, Industria E Navegación De Pontevedra 3.6.4. Sociedade Constructora E Explotadora Da Ponte Da Barca 3.6.5. Sociedade Cooperativa De Consumos 3.6.6. Liga De Contribuíntes De Pontevedra 3.6.7. Praza De Touros 3.7. SOCIEDADES DEPORTIVAS 3.7.1. Sociedade Venatoria de Pontevedra 3.7.2. Sociedade Club De Regatas De Pontevedra 3.8. SOCIEDADES MUSICAIS 3.8.1. Orfeón Pontevedrés 3.9. ASOCIACIÓNS DEVOCIONAIS 4. ARQUIVOS DE INSTITUCIÓNS 4.1. INSTITUCIÓNS EDUCATIVAS 4.1.1. Colexio Ibérico 4.1.2. Colexio San Luis Gonzaga 4.1.3. Colexio San Agustin De Pontevedra 4.1.4. Colexio Froebel 4.1.5. Escola Normal De Maestros 4.1.6. Instituto De Segunda Ensinanza De Pontevedra 4.1.7. Xunta Provincial De Instrucción Pública De Pontevedra 4.2. INSTITUCIÓNS POLÍTICAS 4.2.1. Concello de Pontevedra 4.3. INSTITUCIÓNS RELIXIOSAS 4.3.1. Mosteiros e Conventos 4.3.2. Igrexas e Capelas 5. COLECCIÓNS FACTICIAS 5.1. DOCUMENTOS TEXTUAIS 5.1.1. Manuscritos 5.1.2. Impresos 5.1.2.1. Coplas de Maios 5.1.2.2. Bandos de Coplas De Entroido 5.1.2.3. Cantares de Cego 5.1.2.4. Coroas Cívicas e Fúnebres 5.1.2.5. Poesías de Circunstancias 5.1.2.6. Recortes De Prensa 5.1.2.7. Esquelas 5.2. DOCUMENTOS FIGURATIVOS 5.2.1. Programas e Invitacións 5.2.2. Tarxetas e Felicitacións 5.2.3. Carteis
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Consulta libre
Condicións de reprodución Reprodución libre salvo encadernados ou en mal estado, impresos anteriores a 1900 e series completas de follas soltas ou orixinais autógrafos que formen unha obra completa
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Soporte en papel de moi diferentes tamaños, o que obligou a gardar unha boa parte do arquivo en planeiros
Instrumentos de descrición Inventario de consulta no mesmo arquivo e catálogo dos impresos do Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais No Arquivo Histórico Provincial consérvase unha copia de D. José Casal de numerosa documentación da Congregación da Virxe Peregrina
Existencia e localización de copias Non se coñecen copias
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso José Casal y Lois (Tema) (Creador)