Fondos
ES.GA.36038.AMUPO.12.. ÁNGEL DEL CASTILLO
ÁNGEL DEL CASTILLO
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.12.
Título ÁNGEL DEL CASTILLO
Data(s) 1885-1961 (Creación) 1886 - 2017-09-26 (Produción)
Volume e soporte Nove caixas. Soporte en papel
Área de contexto
Nome do produtor Ángel del Castillo López(1886-1961) Profesor mercantil e mestre nacional que fixo a carreira de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela cando xa levaba anos traballando. Foi membro de varias academias; Real Academia Galega, Academia de Belas Artes da Coruña, Real Academia da Historia... Foi gobernador civil de Pontevedra entre 1932 e 1934. Destacou sobre todo como investigador da historia e da arte de Galicia, publicando un gran número de traballos sobre estes temas, destacando os relacionados coa catalogación artística rexional
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Historia arquivística O ingreso de parte do arquivo de Ángel del Castillo no Museo é relativamente recente e a ordeación e catalogación dos materiais correu a cargo de Mª Jesús Fortes Alén
Forma do ingreso Sucesivas adquisicións en 1990, 1997, 2000 e 2002
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Inda que a colección está moi fragmentada e incompleta, son case na súa totalidade autógrafos propios sobre temas de arte galega atopándose tamén orixinais de Vicente Risco, Manuel Murguía, Otero Pedrayo, Manuel Casás ou outros escritores e estudosos da arte en Galicia. O material escrito compleméntase co numeroso arquivo gráfico que tamén se custodia no Museo, inda que noutra sección
Valoración, selección e eliminación Non se fixo eliminación de materiais
Novos ingresos Colección aberta, susceptible de ser ampliada
Organizació
1. DOCUMENTACIÓN DE CARÁCTER INDIVIDUAL 1.1. DOCUMENTOS PERSOAIS 1.1.1. Correspondencia 1.1.2. Datos económicos 1.2. DOCUMENTOS DE FUNCIÓN 1.2.1. Correspondencia profesional 1.2.2. Apuntes de traballo 2. DOCUMENTACIÓN DOUTRAS PERSOAS 2.1. DOCUMENTOS PERSOAIS 2.2. CORRESPONDENCIA 3. COLECCIÓNS FACTICIAS 3.1. MANUSCRITOS 3.1.1. De Ángel del Castillo 3.1.2. Doutros autores 3.2. RECORTES DE PRENSA 3.3. FOTOGRAFÍAS
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Libre
Condicións de reprodución Libre, previa solicitude por escrito e agás materiais en mal estado ou obras completas
Instrumentos de descrición Catálogo en fichas para consulta en sala
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Aparte doutros orixinais de Ángel del Castillo en mans de particulares, podería atoparse parte do seu arquivo no Arquivo do Reino de Galicia ou no municipal da Coruña
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Ángel del Castillo López (Tema) (Creador)