ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

FAMILIA CEA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.13.

  • Título FAMILIA CEA

  • Data(s) 1523-1939 (Creación) 1500-00-00 - 2018-02-20 (Produción)

  • Volume e soporte Trinta caixas. Soporte en papel

Área de contexto

  • Nome do produtor Familia Cea(S.XVI-S.XX) Familia fidalga con propiedades en numerosos lugares de Galicia. Un membro destacado da mesma foi Eduardo Cea Naharro (1843-1929), político pontevedrés do Partido Conservador, fillo de Manuel de Cea Gándara e Francisca Naharro. Foi deputado por Pontevedra e Mondoñedo e Senador por Pontevedra. Foi tamén Señor das casas de Telleiro (Sandiás), Paradela (Meis), Pazo de Cea (Nigrán) e Figueroa (actual Parador de Pontevedra). Por esta última tiña o título de Barón da Casa Goda.

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

  • Forma do ingreso Ata o momento non se coñece a forma de ingreso no Museo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Documentación sobre todo constitutivo e de administración de propiedades; ventas, arrendos, censos, etc. Hai tamén algunha, a menos, de tipo persoal, de Manuel M. Bazán, Luis Bernar de Vázquez Bazán, Agustín Rodríguez Seoane, Benito Añel e Deza, Felipe Añel, etc.

  • Valoración, selección e eliminación Non se fixo eliminación de material algún.

  • Novos ingresos Non están previstos

  • Organizació

    1. DOCUMENTACIÓN PATRIMONIAL
     1.1. CONSTITUTIVA DE PROPIEDADE E TRANSMISIÓN DE BENS
     1.1.1. Compra-Venda
     1.1.2. Testamentos e partillas
     1.1.3. Concordias
     1.1.4. Permutas
     1.1.5. Relacións de bens
     1.2. ADMINISTRACIÓN DE PROPIEDADE
     1.2.1. Foros e arrendamentos
     1.2.2. Censos
     1.2.3. Cobradores de rendas
     1.2.4. Apeos e prorrateos
     1.2.5. Correspondencia de administración
     1.2.6. Contas
    
    2. DOCUMENTACIÓN XURISDICIONAL
     2.1. PREITOS
    
    3. DOCUMENTACIÓN DE FUNCIÓN
    
    4. COLECCIÓNS FACTICIAS
     4.1. IMPRESOS
     4.2. FOTOGRAFÍAS

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Libre, agás a que se atopa en moi mal estado.

  • Condicións de reprodución Previa solicitude por escrito, agás a documentación en mal estado.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Unha parte da colección atópase en moi mal estado

  • Instrumentos de descrición Hai un inventario somero en papel do contido da colección.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Familia Cea (Tema) (Creador)

Área de control da descrición