Fondos
ES.GA.36038.AMUPO.15.. ÁNGEL COBIÁN AREAL
ÁNGEL COBIÁN AREAL
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.15.
Título ÁNGEL COBIÁN AREAL
Data(s) 1854-00-00 - 2017-03-02 (Produción)
Volume e soporte Cinco caixas de arquivo. Soporte en papel
Área de contexto
Nome do produtor Ángel Cobián Areal(1854-1901) O médico pontevedrés D. Ángel Cobián Areal (1854-1901) foi un dos personaxes máis importantes da cidade a finais do século XIX. Naceu en Romai e estudou medicina en Madrid, trasladándose logo á súa terra natal. En Pontevedra foi o impulsor de numerosas iniciativas sanitarias que supuxeron grandes avances para aqueles tempos. Aquí fundou en 1897 o primeiro Instituto Antirrábico e Antidiftérico de Galicia aplicando os métodos e vacinas que el mesmo experimentara no Instituto Pasteur de Paris. Tamén foi o primeiro en introducir os Raios X na cidade e en suxerir a creación dun laboratorio para análises de alimentos. Nomeado polo Goberno da nación comisionado para o estudo da epidemia de peste en Portugal e das instalacións hospitalarias e bacteriolóxicas en Paris e Berlín, ó regreso destas empresas soubo aplicar medidas preventivas contra enfermidades infecciosas dende o seu posto de director do recén estreado Hospital Provincial en 1897. A nivel nacional a súa participación nalgunhas intervencións cirúrxicas, espectaculares para aqueles tempos, supúxolle un amplo recoñecemento na prensa do momento. No ámbito da vida pública exerceu como alcalde de Pontevedra entre 1891 e 1893. A súa prematura morte privou a Pontevedra dun dos persoeiros máis dinámicos daqueles tempos.
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Historia arquivística Despois da súa morte, a dirección do Instituto Antirrábico de Pontevedra recaeu noutro novo médico local e o doutor José Filgueira Martínez, pai de D. Xosé Filgueira Valverde. Ademais da dirección médica, fíxose cargo de todo o arquivo que o Dr. Cobián Areal fora xerando ó redor das súas actividades públicas e privadas. Co tempo, todos estes materiais pasaron a formar parte do arquivo de D. Xosé Filgueira Valverde. Tras a súa entrada no Museo a bolseira do arquivo documental, Mª. Xesús Fortes Alén, ocupouse da súa ordenación e clasificación.
Forma do ingreso No ano 1983 a Fundación Filgueira Valverde fixo un depósito de documentación ó Museo. Despois da morte de D. Xosé Filgueira e coa incorporación dos materiais da súa Fundación ó arquivo chegou outra parte deste fondo que aínda está sen clasificar.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O contido do fondo está limitado no tempo á propia vida do Dr. Cobián Areal e algúns anos despois da súa morte, coa correspondencia médica do seu sucesor profesional D. Xosé Filgueira Martínez. En canto a tipoloxía, atópanse tanto documentación persoal como notas manuscritas relacionadas coas distintas funcións realizadas polo Dr. Cobián Areal, correspondencia, proxectos para instalacións sanitarias, fotografías de tema médico e incluso rexistros e historiais médicos dos enfermos tratados por el.
Valoración, selección e eliminación Non se fixo expurgo de materiais.
Novos ingresos Coa incorporación ó Museo do arquivo e biblioteca da Fundación Filgueira Valverde, chegaron novos materiais pertencente, a este fondo. Non están previstos novos ingresos.
Organizació
1.DOCUMENTACIÓN INDIVIDUAL 1.1.DOCUMENTACIÓN PERSOAL 1.1.1.Información Académica 1.2.TÍTULOS E NOMEAMENTOS 1.2.1.Asociacións benéficas 1.2.2.Sociedades 2.DOCUMENTACIÓN DE FUNCIÓN 2.1.ALCALDE 2.1.1.Memorias e proxectos 2.2.MÉDICO 2.2.1.Procurador médico 2.2.2.Instituto Antirrábico 2.2.2.1.Antecedentes 2.2.2.2.Correspondencia 2.2.2.3.Xestión e funcionamento 2.2.2.4.Memorias e proxectos 2.2.3.Hospital Provincial 2.2.3.1.Antecedentes 3.COLECCIÓNS FACTICIAS 3.1.DOCUMENTOS TEXTUAIS 3.1.1.Apuntes e notas 3.2.DOCUMENTOS FIGURATIVOS 3.2.1.Fotografías
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Libre
Condicións de reprodución Libre previa solicitude por escrito agás materiais en mal estado
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Soporte en papel na súa totalidade
Instrumentos de descrición Inventario en papel publicado
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais No Arquivo Histórico Provincial atópanse materiais do Instituto Antirrábico e Antidiftérico. Tamén nos arquivos da Deputación e do Concello hay referencias ás distintas iniciativas deste médico pontevedrés.
Existencia e localización de copias Non se coñecen copias
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Ángel Cobián Areal (Tema) (Creador)