Fondos
15/1/12. Traslado como facultativo do Servizo de Hixiene das casas de prostitución de Pontevedra (1894)
Traslado como facultativo do Servizo de Hixiene das casas de prostitución de Pontevedra (1894)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.15..1.2.15/1/12
Título Traslado como facultativo do Servizo de Hixiene das casas de prostitución de Pontevedra (1894)
Data(s) 1894 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Ángel Cobián Areal(1854-1901) O médico pontevedrés D. Ángel Cobián Areal (1854-1901) foi un dos personaxes máis importantes da cidade a finais do século XIX. Naceu en Romai e estudou medicina en Madrid, trasladándose logo á súa terra natal. En Pontevedra foi o impulsor de numerosas iniciativas sanitarias que supuxeron grandes avances para aqueles tempos. Aquí fundou en 1897 o primeiro Instituto Antirrábico e Antidiftérico de Galicia aplicando os métodos e vacinas que el mesmo experimentara no Instituto Pasteur de Paris. Tamén foi o primeiro en introducir os Raios X na cidade e en suxerir a creación dun laboratorio para análises de alimentos. Nomeado polo Goberno da nación comisionado para o estudo da epidemia de peste en Portugal e das instalacións hospitalarias e bacteriolóxicas en Paris e Berlín, ó regreso destas empresas soubo aplicar medidas preventivas contra enfermidades infecciosas dende o seu posto de director do recén estreado Hospital Provincial en 1897. A nivel nacional a súa participación nalgunhas intervencións cirúrxicas, espectaculares para aqueles tempos, supúxolle un amplo recoñecemento na prensa do momento. No ámbito da vida pública exerceu como alcalde de Pontevedra entre 1891 e 1893. A súa prematura morte privou a Pontevedra dun dos persoeiros máis dinámicos daqueles tempos.
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido 1894, abril 18 Traslado como facultativo encargado do Servizo de Hixiene das casas de prostitución de Pontevedra. Sinatura: Cobián Areal, 1-12
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Ángel Cobián Areal (Tema) (Creador)