Fondos
16/1/2. Actas (1933-1962)
Actas (1933-1962)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.16..2.1.16/1/2
Título Actas (1933-1962)
Data(s) 1933-1962 (Produción)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Comisión Provincial de Monumentos(1844-)
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido 1933-1962 Libro de actas da Comisión Provincial de Monumentos. Contén: - Sesión do 1 de abril de 1933, na que tratan, entre outros temas, os fornos de Caldas de Reis, o descubrimento dos arcos da Ponte do Burgo, sepulturas aparecidas na Illa de Arousa, obras na Igrexa de Santa María a Maior, descuberta dun capitel en San Bartolomé de Tui, o coidado dos cruceiros, sobre a restauración de San Lourenzo de Carboeiro. - Sesión de 15 de xullo de 1933, na que tratan, entre outros temas, a visita do gobernador civil Ángel del Castillo á Fortaleza de Cira, ao Mosteiro de Camarzo, Santa Marina de Cambados, sobre a creación dun ficheiro e un local no que gardalo xunto coas fotografías, sobre o Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, sobre a Catedral de Tui, sobre os escudos nos edificios da cidade de Pontevedra. - Sesión de 11 de xuño de 1935, na que tratan, entre outros temas, sobre o estado do Mosteiro de Oia e o de Carboeiro, a visita a Santo Domingo de Tui e os informes sobre Santa María de Aciveiro e a Igrexa de Mosteiro de Nogueira (Dozón), sobre a conservación do pobo de Combarro, sobre unha viaxe á Fortaleza de Cira, e ao Mosteiro de Camarzo, sobre as obras en Santa María a Maior. - Sesión de 8 de xaneiro de 1937 - Sesión de 8 de abril de 1937 na que acordan dar o pésame polo pasamento de Casto Sampedro - Sesión de 8 de xaneiro de 1938, na que tratan, entre outros asuntos, o dos gardas do Mosteiro de Oia e Carboeiro, a adquisición por parte da Deputación dos materiais de Casto Sampedro, da desaparición da Sociedad Arqueológica e a creación do Instituto de España. - Sesión de 29 de setembro de 1939, na que se tratan a declaración do Mosteiro de Carboeiro como Monumento Nacional, a incorporación ao Museo de Pontevedra da documentación de Casto Sampedro e sobre a Torre de Narla (Lugo) - Sesión de 16 de decembro de 1939, na que se tratan, entre outros, sobre a incautación de propiedades no Mosteiro de Carboeiro, a declaración de Monumento Nacional da Eira dos Mouros en San Xurxo de Sacos, reparacións en Santa María de Oia,Santo Domingo de Tui, Santa María de Pontevedra e San Mamede de Moldes. - Sesión de 10 de decembro de 1940, na que se tratan, entre outros temas, a descuberta dunha ara romana adicada a Neptuno en Vilagarcía, a consilidación da sacristía de Santo Domingo de Tui, reparación de Santa María e Santo Domingo en Pontevedra, sobre os restos de Santa María de Casteláns ou sobre a línea de casas da Ferrería - Sesión de 7 de marzo de 1941, que tratan temas como a balaustrada na Casa de Cea, sobre o Cruceiro do Burgo, o Muro de San Francisco, sobre Santo Domingo de Tui e as Ruínas de Santo Domingo e Santa María de Pontevedra. - Sesión de 17 de maio de 1941, na que se trata, entre outros, o tema do reloxio de San Francisco, e sobre San Bartolomé de Rebordáns -Sesión de 2 de marzo de 1942, no que se trata o incendio do Mosteiro de Oia, a declaración de Monumentos Histórico de Santa Marina de Cambados ou o achado do Tesouro de Caldas - Sesión de 1 de abril de 1942 na que se trata do pasamento de Domínguez Fontenla. - Sesión do 8 de xuño de 1942, na que se trata do pasamento de Domínguez Fontenla, nomeamento de Bouza Brey académico, declaración Monumento Nacional da Capela da Peregrina, sobre os restos da Capela de San José de Pontevedra e sobre Santa María a Maior. - Sesión do 12 de febreiro de 1943, na que se trata a declaración de Santa Marina de Cambados como Monumento Histórico e sobre unha casa da Plaza de la Alhóndiga. - Sesión de 22 de maio de 1943, no que se trata o proxecto de restauración das Torres do Oeste, das obras na Capela da Peregrina, a declaración de Santa Marina de Cambados como Monumento Histórico, sobre as obras na Delegación de Hacienda, sobre a Guarda, sobre unha casa da rúa Xan Guillermo, sobre o Ponte de Berducido - Sesión de 11 de outubro de 1943, no que se tratan, entre outros temas, as obras en San Francisco, a declaración de Monumento Artístico de San Salvador de Lérez, sobre o conxunto urbán de Combarro, sobre as liñas dos soportais en Pontevedra e sobre a capela da Peregrina - Sesión de 20 de abril de 1944, no que se tratan, entre outros temas, sobre as obras na Capela da Peregrina, sobre unha casa na Plaza da Verdura, a declaración de Monumento Histórico-Artístico de San Benito de Lérez e unha casa na rúa Benito Corbal. - Sesión de 31 de maio de 1944, na que se tratan, entre outros temas, a declaración de Monumento Histórico-Artístico de San Benito de Lérez, das obras nunha casa na rúa Benito Corbal - Sesión de 27 de novembro de 1944, na que se tratan entre outros temas, as obras na Capela da Peregrina e sobre o conxunto urbán de Combarro. - Sesión de 4 de xaneiro de 1945. - Sesión de 7 de maio de 1945, na que se tratan, entre outros temas, sobre unha casa de Combarro, sobre a Casa de Colón en Portosanto e sobre a adquisición dun órgano para Santa María de Pontevedra. - Sesión de 29 de agosto de 1945, no que se tratan, entre outros, da colocación dos arcos da finca de Poio en Santo Domingo, sobre as Reformas na Casa do Marqués de Valladares, e sobre a sobre unha casa de Combarro. - Sesión de 17 de xaneiro de 1946, na que se tratan, entre outros temas, da declaración do Conxunto Monumental da vella Pontevedra, da reforma de varias casas nos soportales e na Praza Méndez Núñez e o órgano para Santa María de Pontevedra. - Sesión do 12 de xullo de 1946, na que se trata do arranxo de unha casa de Combarro e na rúa Amargura de Pontevedra, da declaración de Monumento Histórico-Artístico de San Benito de Lérez e da Ponte do ferrocarril sobre o Lérez - Sesión de 31 de decembro de 1946 - Sesión de 28 de febreiro de 1947, no que se trata, entre outras cousas, do proxecto de obras de Santa María - Sesión de 3 de maio de 1948, no que se tratan, entre outros temas, a construcción do edificio para Sanatorio, sobre a venta do cruceiro do Cristo del Buen Viaje e a Virgen de las angustias, sobre o Cruceiro da Virxe do Camiño e sobre a exposición de fotografía de Cao Moure. - Sesión de 11 de xuño de 1949, na que, entre outros asuntos se trata o da reforma da Ponte do Burgo, sobre os xardíns públicos, sobre a colocación de farolas na cidade, e a da declaración de zona Histórico-Artístico - Sesión do 7 de xaneiro de 1957 - Sesión do 25 de decembro de 1957, no que se fala das obras do Servicio de Defensa del Patrimonio Artístico, sobre os restos do Baldaquino da Igrexa de Fragas e das obras de Acibeiro, a compra dunhas casas en Combarro pola Deputación - Sesión do 5 de xaneiro de 1959 no que se trata sobre o derrumbamento de Acibeiro, sobre os traballos de Armenteira, sobre o Mosteiro de Carboeiro, sobre a reixa das ruínas de Santo Domingo, sobre o menhir de A Lapa (Moraña) - Sesión de 9 de setembro de 1959, na que se trata, entre outras cousas, sobre as reformas do Mosteiro de Armenteira e Acibeiro, achados megalíticos na Estrada, en Catoira, en Ponteareas, dos restos do atracadero romano en Pontecesures, as excavacións en Santiago de Morillas, e de Campolameiro. - Sesión de 24 de agosto de 1960 - Sesión de 31 de decembro de 1960, na que se tratan as obras de restauración de Acibeiro, e en Santa María, do Convento de Santa Clara e as Torres do Oeste - Sesión de 5 de agosto de 1961 - Sesión do 30 de decembro de 1961, na que se tratan as obras de restauración de Acibeiro, Carboeiro, Ruinas de Santo Domingo, San Bartolomé, e San Manuel de Moldes. - Sesión de 15 de maio de 1962 no que se trata das obras na Ponte da Ramallosa Sinatura: Comisión Provincial de Monumentos, 1-2
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Campo Lameiro Catoira Estrada, A Poio Moraña Caldas de Reis Pontevedra (Concello) Pontevedra (San Bartolomeu e Santa María) Combarro (Combarro) Pontevedra (Cidade)
Nome dos puntos de acceso Comisión Provincial de Monumentos (Tema) (Creador)