ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.965
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

1.1.3. Pleno

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36016.AM.DOZ.3-.GF001.F0001.SF003

  • Título 1.1.3. Pleno

  • Data(s) 1862-2017 (Creación)

  • Volume e soporte 23 unidades de instalación; 168 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Dozón(1836-2015) O concello de Dozón sitúase ó nordeste da provincia de Pontevedra, na comarca do Deza, lindando coa provincia de Ourense e cos concellos de Lalín e Rodeiro. Ocupa unha superficie superior ós setenta e un quilómetros cadrados cun total de 53 entidades de poboación dispersas en oito parroquias diferentes: Bidueiros, O Castro, Dozón, As Maceiras, Saa, Sanguiñedo, O Sisto e Vilarello, nas que residen algo máis de dous mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Lugo ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a de Deza, na que o señorío correspondía ó conde de Lemos e que ocupaba as parroquias de Sanguiñedo e Sisto; e a de Dozón, con xurisdicción real e que comprendía as parroquias restantes. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Saa e no Castro; este proceso culmina en 1836, dentro do que entón era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro. No caso de Dozón, queda integrado por nove parroquias, as que aínda hoxe o compoñen e a de San Pedro de Mosteiro. Esta parroquia será suprimida no arranxo parroquial de 1890 e divididos os seus fregueses nas parroquias de Dozón e Bidueiros. Así mesmo tense constancia de varias modificacións da capitalidade do concello ata a actualidade que se sitúa no lugar de O Castro.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Dozón

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Podemos atopar as seguintes series documentais: .- Libro de actas do Pleno O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas alo menos polo secretario e o Alcalde . Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal. .- Expedientes de sesións do Pleno Expediente que ten por obxecto a convocatoria e celebración da sesión do Pleno. Poden ser ordinarias e extraordinarias. Contén convocatorias, orde do día, borradores, etc. .- Mocións Recolle as proposicións que se fan ou suxiren nunha Xunta que delibera. Son unha proposta que se somete directamente a coñecemento do Pleno, sobre un asunto non comprendido na orde do día e que non ten cabida no punto de rogos e preguntas. Pode formularse por escrito ou oralmente.

  • Organizació

    Función F0001
    Subfunción SF003.
    1.1.3. Pleno
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    S0018SF003 Expediente de sesións do Pleno
    S0019SF003 Mocións presentadas nos Plenos
    S0020SF003Libro de actas de sesións do Pleno

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Dozón (Tema) (Creador)

Área de control da descrición