Fondos
1.6. RECURSOS ECONÓMICOS E FINANCEIROS
Área de identificación
- Código(s) de referencia ES.GA.36016.AM.DOZ.3-.GF001.F0006 
- Título 1.6. RECURSOS ECONÓMICOS E FINANCEIROS 
- Data(s) 1848-2017 (Creación) 
- Volume e soporte 348 unidades de instalación; 1421 agrupacións documentais 
Área de contexto
- Nome do produtor Concello de Dozón(1836-2015) O concello de Dozón sitúase ó nordeste da provincia de Pontevedra, na comarca do Deza, lindando coa provincia de Ourense e cos concellos de Lalín e Rodeiro. Ocupa unha superficie superior ós setenta e un quilómetros cadrados cun total de 53 entidades de poboación dispersas en oito parroquias diferentes: Bidueiros, O Castro, Dozón, As Maceiras, Saa, Sanguiñedo, O Sisto e Vilarello, nas que residen algo máis de dous mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Lugo ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a de Deza, na que o señorío correspondía ó conde de Lemos e que ocupaba as parroquias de Sanguiñedo e Sisto; e a de Dozón, con xurisdicción real e que comprendía as parroquias restantes. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Saa e no Castro; este proceso culmina en 1836, dentro do que entón era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro. No caso de Dozón, queda integrado por nove parroquias, as que aínda hoxe o compoñen e a de San Pedro de Mosteiro. Esta parroquia será suprimida no arranxo parroquial de 1890 e divididos os seus fregueses nas parroquias de Dozón e Bidueiros. Así mesmo tense constancia de varias modificacións da capitalidade do concello ata a actualidade que se sitúa no lugar de O Castro. 
- Institución arquivística Arquivo municipal de Dozón 
Área de contido e estrutura
- Organizació - Grupo de Función: GF001. Función: F0006. 1.-ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN Densenvólvese nas seguintes 2ª Divisións de Función (Subfuncións): SF0551.6.1.Xestión do orzamento SF0561.6.1.1.Plans e programas de investimentos SF0571.6.1.2.Aprobación do presuposto SF0581.6.1.3.Modificación das presuposto SF0591.6.1.4.Conta xeral e liquidación do orzamento SF0601.6.1.5.Documentos contables de ingreso SF0611.6.1.6.Documentos contables de pagamento SF0621.6.1.7.Libros e rexistros contables SF0631.6.1.8.Arqueos e xestión bancaria SF0641.6.1.9.Financiamento SF0651.6.1.10.Xestión de terceiros SF0661.6.1.11.Obrigacións fiscais con outras administracións SF0671.6.1.12.Participación en tributos supramunicipais SF0681.6.2.Fiscalización económico-financeira SF0691.6.3.Xestión tributaria SF0701.6.3.1.Impostos SF0711.6.3.2.Taxas e prezos públicos SF0721.6.3.3.Contribucións especiais SF0731.6.3.4.Inspección tributaria SF0741.6.3.5.Cobros de ingresos de dereito público SF0751.6.3.6.Recadación executiva SF0761.6.4.Subvencións SF0771.6.4.1.Subvencións recibidas SF0781.6.4.2.Subvencións outorgadas 
Ãrea de notas
- Nota 
Puntos de acceso
- Puntos de acceso de topónimos 
- Nome dos puntos de acceso Concello de Dozón (Tema) (Creador) 
 
 