Fondos
2. XESTIÓN DO TERRITORIO
Área de identificación
- Código(s) de referencia ES.GA.36016.AM.DOZ.3-.GF002 
- Título 2. XESTIÓN DO TERRITORIO 
- Data(s) 1890-2018 (Creación) 1954 - (Produción) - 1964 (Produción) 
- Volume e soporte 351 unidades de instalación; 2436 agrupacións documentais 
Área de contexto
- Nome do produtor Concello de Dozón(1836-2015) O concello de Dozón sitúase ó nordeste da provincia de Pontevedra, na comarca do Deza, lindando coa provincia de Ourense e cos concellos de Lalín e Rodeiro. Ocupa unha superficie superior ós setenta e un quilómetros cadrados cun total de 53 entidades de poboación dispersas en oito parroquias diferentes: Bidueiros, O Castro, Dozón, As Maceiras, Saa, Sanguiñedo, O Sisto e Vilarello, nas que residen algo máis de dous mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Lugo ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a de Deza, na que o señorío correspondía ó conde de Lemos e que ocupaba as parroquias de Sanguiñedo e Sisto; e a de Dozón, con xurisdicción real e que comprendía as parroquias restantes. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Saa e no Castro; este proceso culmina en 1836, dentro do que entón era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro. No caso de Dozón, queda integrado por nove parroquias, as que aínda hoxe o compoñen e a de San Pedro de Mosteiro. Esta parroquia será suprimida no arranxo parroquial de 1890 e divididos os seus fregueses nas parroquias de Dozón e Bidueiros. Así mesmo tense constancia de varias modificacións da capitalidade do concello ata a actualidade que se sitúa no lugar de O Castro. 
- Institución arquivística Arquivo municipal de Dozón 
Área de contido e estrutura
- Organizació - Grupo de Función: GF002. 2.-XESTIÓN DO TERRITORIO Densenvólvese nas seguintes funcións:: F0007 2.1.URBANISMO, OBRAS E MOBILIDADE F0008 2.2.SUSTENTABILIDADE E MEDIO AMBIENTE F0009 2.3.ORDENACIÓN E PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA 
Ãrea de notas
- Nota 
Puntos de acceso
- Puntos de acceso de topónimos 
- Nome dos puntos de acceso Concello de Dozón (Tema) (Creador) 
 
 