Fondos
2/29. Venda de censo outorgada por Manuel José Méndez y Sotomayor a favor da fundación da Escola de Nenos
Venda de censo outorgada por Manuel José Méndez y Sotomayor a favor da fundación da Escola de Nenos
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.12..2.1.2/29
Título Venda de censo outorgada por Manuel José Méndez y Sotomayor a favor da fundación da Escola de Nenos
Data(s) 1752 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente. 25 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo
Área de contido e estrutura
Alcance e contido VIGO. Venda de cincuenta ducados de vellón de censo outorgada por Manuel José Méndez y Sotomayor, rexedor perpetuo da vila de Vigo e veciño da mesma, a favor da fundación da Escola de Nenos que deixou disposta por testamento Domingo Antonio Martínez, veciño da cidade de Veracruz, Reino de Indias. Contén:
> Memorial de bens;
> Petición;
> Decreto;
> Información;
> Testemuños;
> Auto de acordo da Xustiza e Rexemento da Vila de Vigo;
> Escritura notarial;
> Aceptación.
Data: 1752, marzo, 15. Vigo.
Escribán: Juan de Silva.
Inclúe:
> Copia de escritura de venda de censo outorgada por Francisco de Castro e María de Nogueira a favor de Bernarda Costas Sarmiento, filla lexítima de Alonso Costas Sarmiento e Mariana de Arines Troncoso.
Data: 1685, febreiro, 17. Vigo;
> Copia de escritura sobre a venda xudicial a favor de Melchor Sanjurjo dunha casa na Ribeira do Berbés propiedade de Francisco Domínguez de Castro e María de Nogueira a petición de Bernardo Yagüe por débedas de rendas de censo.
Data: 1695, agosto, 23. Vigo;
> Copia de escritura de foro outorgada por Bernardo Yagüe Arbieto e Antonia Maldonado y Ulloa a favor de Domingo de Boubeta, mareante e veciño de Vigo, e Clara Pérez, a súa muller, dunha casa de soto e sobrado, co seu terreo e bodega no arrabalde do Berbés xunto á Falperra.
Data: 1701, xuño, 26. Vigo;
> Copia de redención de censo.
Data: 1696, outubro, 28. Vigo.
Ãrea de notas
Nota Sinatura antiga: Varios 12 (AH) É unha copia