ATOPO
Rexistros actuais: 1.638.792
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.521

Fondos

Expediente de obras de reparación e acondicionamento dunha casa na Rúa San Francisco propiedade de Juan Pérez para a instalación da sala de estudo de gramática (1826-1827)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.12..2.2.2/40

  • Título Expediente de obras de reparación e acondicionamento dunha casa na Rúa San Francisco propiedade de Juan Pérez para a instalación da sala de estudo de gramática (1826-1827)

  • Data(s) 1826-1827 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente. 28 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente formado sobre facilitar casa para estudo de gramática desta cidade. Contén:

    > Oficio de Francisco Manuel Blanco, de Santa Marta, informando ao Concello da imposibilidade de manter a aula para o estudo de gramática;
    > Acordo da Corporación nomeando unha Comisión encargada de encontrar un local para o estudo de gramática;
    > Extracto de acordo da Corporación facultando á Comisión para realizar as obras de reparación e acondicionamento necesarios na casa da Rúa San Francisco núm. 23 propiedade de Juan Pérez;
    > Acta de acordo mandando se presente a Comisión que entende na casa de que fala este expediente co Señor Comandante Militar de Mariña desta Provincia manifestándolle os excesos cometidos por un individuo matriculado;
    > Escrito de Fernando da Veiga, matriculado, renunciando aos privilexios de tal matriculado; > Escritos da Comisión;
    > Extractos de acordo da Corporación; > Parte do Alcalde de Barrio do Cuarto Cuartel, Sebastián Gregorio, sobre os excesos cometidos por Francisco Álvarez, fillo político de Juan Pérez;
    > Denuncias de Francisco Juan Antonio Gil, Licenciado de Gramática, e Francisco Antonio Álvarez, sobre os excesos da muller e da filla de Fernando da Veiga;
    > Copias de oficios e notas;
    > Contas da obra feita na Casa de Estudo que pertence a Juan Pérez na Riveira núm. 23, a que é conta dos alugueiros de corenta reais que paga mensualmente o Concello desde o 16 de setembro;
    > Conta por menor dos gastos feitos pola Comisión dos señores José Rúa, Francisco de Palma e Procurador Xeral Juan Agustín Domínguez na formulación do Estudo e composición da Sala núm. 23 de Juan Pérez na Riveira;
    > Relación do taboleiro que se gastou na reparación do piso do estudo de San Francisco;
    > Outra documentación.

    Anos: 1826-1827.

    [Mazo 12. Núm. 12]

Área de notas

  • Nota Sinatura antiga: EDU 7

Puntos de acceso

Área de control da descrición