ATOPO
Rexistros actuais: 1.347.982
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.351

CONCELLO DE REDONDELA (FUNCIONAL)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36045.AM.RED.3

  • Título CONCELLO DE REDONDELA (FUNCIONAL)

  • Data(s) 1848-2023 (Creación)

  • Volume e soporte 9.232 unidades de instalación; 73.024 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Redondela(1836-2020) O territorio do concello de Redondela sitúase no oeste da provincia de Pontevedra, a carón da ría de Vigo; linda cos concellos de Soutomaior, Pazos de Borbén, Mos e Vigo. Ocupa unha superficie superior ós cincuenta e dous quilómetros cadrados, con corenta e seis entidades de poboación dispersas nas súas trece parroquias: Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Negros, Quintela, Reboreda, Redondela, Saxamonde, Trasmañó, Ventosela, Vilar de Infesta e O Viso, nas que residen ó redor de trinta mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa definitiva inclusión na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Redondela. A totalidade das parroquias dependían no Antigo Réxime da xurisdicción de Redondela Nova, con señorío do arcebispo de Santiago; da de Redondela Vella, con señorío do bispo de Tui; da de Saxamonde, con señorío do marqués de Valladares; da do Val do Fragoso, con señorío do seu concello e do coto de Cedeiro. Iniciado o proceso de constitución dos concellos a principios do século dezanove chegaron a funcionar varios neste territorio, entre eles os de Redondela, Vilavella, Cedeira, Saxamonde e Reboreda. Xa no proceso definitivo créase o concello de Redondela, dentro do Partido Xudicial do mesmo nome, cun total de catorce parroquias. Dende entón mantense a mesma superficie territorial pero suprimiuse a parroquia de Santiago de Vilavella, pasando a integrarse na de Santiago de Redondela.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Redondela

  • Historia arquivística A casa do Concello de Redondela é un edificio exento, construído en pedra, con baixo e planta, no que resalta o torreón lateral da súa fachada principal. Na actualidade ocupa o arquivo a parte traseira da planta baixa, logo da recente ampliación das instalacións adicadas á conservación da documentación producida polo concello. Este novo espazo conta con catro salas de depósito e unha zona de traballo e consulta, cun total de 134,72 metros cadrados. Neste espacio dispuxéronse os equipamentos suficientes para a instalación da totalidade das unidades de instalación, contando con mesa de traballo e consulta, ficheiro e ordenador, e procedéndose a dispor en todolos depósitos estantería metálica compactada, suficiente para a instalación da documentación conservada na actualidade. A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1988, data a partir da cal se acometeron varios procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluída a ampliación, dotación e mellora dos equipamentos e do propio local, nos anos 1998 e 2002, nos que participaron, amén do propio persoal municipal adscrito a esta función: Beatriz Barciela Castrelos José Luis Castro Carpintero Ana Gesteira Ponce Manuela González Rey Susana Iglesias Pazo Pilar Lago González Maria Engracia Martínez Abal José Martínez Crespo Concepción Melero Fernández Daniel Menéndez Rodríguez Roxelio Guillerme Pérez Agulla Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Isabel Revenga Portela Juan Ángel Tornero López Nuria de los Milagros Vázquez Gutiérrez Dende decembro de 2017 a febreiro de 2018 traballaron os bolseiros Daniel Uxío Reinoso Maset e Ignacio Álvarez Martínez

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A pesares do elevado número de unidades de instalación, superior á media provincial, a maior parte da documentación corresponde ó século XX, sendo raros os documentos do dezanove, agás casos concretos: os impostos por contribución rústica e urbana dende 1848; a documentación presupostaria dende 1880, e os libros de actas do Pleno que so se conservan dende 1870 e cunha notable lagoa nos anos 1894 a 1907, o que conleva a ausencia duna notable fonte de información. En casos como os dos padróns municipais de habitantes (1920), eleccións e censos electorais (1955), as quintas (1923) ou mesmo o persoal municipal (1911), a documentación máis antiga pertence ó século pasado

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes

  • Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental e polo propio persoal municipal

  • Organizació

    Cadro de clasificación funcional
    
    1ª División de función-subfunción
    GF001 ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN
    GF001.F0001 ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO
    GF001.F0001.SF001 1.1.1. Formación e termo municipal
    GF001.F0001.SF002 1.1.2. Constitución do concello
    GF001.F0001.SF003 1.1.3. Pleno
    GF001.F0001.SF004 1.1.4. Alcaldía. Presidencia
    GF001.F0001.SF005 1.1.5. Xunta de goberno local
    GF001.F0001.SF006 1.1.6. Comisións informativas
    GF001.F0001.SF007 1.1.7. Xunta de voceiros
     GF001.F0001.SF008 1.1.8. Comisións, Xuntas e Consellos
    GF001.F0001.SF009 1.1.9. Grupos municipais
    GF001.F0001.SF0010 1.1.10. Autoridades Supramunicipais do Antigo Réxime
    GF001.F0001.SF0011 1.1.11. Participación cidadá
    GF001.F0001.SF0012 1.1.12. Creación, participación e disolución de organismos
    GF001.F0001.SF0013 1.1.13. Actividade normativa (ordenanzas e regulamentos)
    GF001.F0001.SF0014 1.1.14. Políticas e programas de goberno
    GF001.F0001.SF0015 1.1.15. Comunicación, protocolo e relacións externas
    
    GF001.F0002 ORGANIZACIÓN E XESTIÓN ADMINISTRATIVA
    GF001.F0002.SF016 1.2.1. Estrutura administrativa e organigrama
    GF001.F0002.SF017 1.2.2. Convenios
    GF001.F0002.SF018 1.2.3. Rexistro xeral de documentos
    GF001.F0002.SF019 1.2.4. Arquivo e xestión documental
    GF001.F0002.SF020 1.2.5. Xestión da información e transparencia
    GF001.F0002.SF021 1.2.6. Planificación e control de calidade
    GF001.F0002.SF022 1.2.7. Xestión da protección de datos persoais
    GF001.F0002.SF023 1.2.8. Xestión das comunicacións
    GF001.F0002.SF024 1.2.9. Xestión das aplicacións TIC
    GF001.F0002.SF025 1.2.10. Actuacións xurídico-administrativas
    
    GF001.F0003 CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA E ASISTENCIA TÉCNICA
    GF001.F0003.SF026 1.3.1. Contratación de obras
    GF001.F0003.SF027 1.3.2. Contratación de concesión de obras públicas
    GF001.F0003.SF028 1.3.3. Contratación de xestión de servizos públicos
    GF001.F0003.SF029 1.3.4. Contratación de servizos
    GF001.F0003.SF030 1.3.5. Contratación de subministracións
    GF001.F0003.SF031 1.3.6. Contratación mixta
    GF001.F0003.SF032 1.3.7. Contratación especial
    GF001.F0003.SF033 1.3.8. Contratación privada
    GF001.F0003.SF034 1.3.9. Procedemento de contratación
    
    GF001.F0004 RECURSOS HUMANOS
    GF001.F0004.SF035 1.4.1. Organización dos recursos humanos
    GF001.F0004.SF037 1.4.2. Selección de persoal
    GF001.F0004.SF038 1.4.3. Provisión de postos de traballo
    GF001.F0004.SF039 1.4.4. Prestación e finalización do servizo activo
    GF001.F0004.SF040 1.4.5. Xornada de traballo
    GF001.F0004.SF041 1.4.6. Permisos, licenzas, vacacións e asuntos persoais
    GF001.F0004.SF042 1.4.8. Sistema retributivo e previsión social
    GF001.F0004.SF043 1.4.8. Formación e perfeccionamento
    GF001.F0004.SF044 1.4.9. Seguridade e prevención de riscos laborais
    GF001.F0004.SF045 1.4.10. Réxime disciplinario e de control do persoal
    GF001.F0004.SF046 1.4.11. Relacións laborais
    
    GF001.F0005 PATRIMONIO
    GF001.F0005.SF047 1.5.1. Administración de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF048 1.5.2. Adquisición de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF049 1.5.3. Alteración da cualificación xurídica dos bens
    GF001.F0005.SF050 1.5.4. Uso de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF051 1.5.5. Defensa de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF052 1.5.6. Alleamento de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF053 1.5.7. Permuta
    GF001.F0005.SF054 1.5.8. Expropiacións
    GF001.F0005.SF135 1.5.9. Deslindes
    
    GF001.F0006 RECURSOS ECONÓMICOS E FINANCEIROS
    GF001.F0006.SF055 1.6.1. Xestión do presuposto
    GF001.F0006.SF055 1.6.1. Xestión do presuposto
    GF001.F0006.SF055.SF056 1.6.1.1. Plans e programas de investimentos
    GF001.F0006.SF055.SF057 1.6.1.2. Aprobación do presuposto
    GF001.F0006.SF055.SF058 1.6.1.3. Modificación das presuposto
    GF001.F0006.SF055.SF059 1.6.1.4. Conta xeral e liquidación do presuposto
    GF001.F0006.SF055.SF060 1.6.1.5. Documentos contables de ingreso
    GF001.F0006.SF055.SF061 1.6.1.6. Documentos contables de pagamento
    GF001.F0006.SF055.SF062 1.6.1.7. Libros e rexistros contables
    GF001.F0006.SF055.SF063 1.6.1.8. Arqueos e xestión bancaria
    GF001.F0006.SF055.SF064 1.6.1.9. Financiamento
    GF001.F0006.SF055.SF065 1.6.1.10. Xestión de terceiros
    GF001.F0006.SF055.SF066 1.6.1.11. Obrigacións fiscais con outras administracións
    GF001.F0006.SF055.SF067 1.6.1.12. Participación en tributos supramunicipais
    GF001.F0006.SF068 1.6.2. Fiscalización económico-financeira
    GF001.F0006.SF069 1.6.3. Xestión tributaria
    GF001.F0006.SF069.SF070 1.6.3.1. Impostos
    GF001.F0006.SF069.SF071 1.6.3.2. Taxas e prezos públicos
    GF001.F0006.SF069.SF072 1.6.3.3. Contribucións especiais
    GF001.F0006.SF069.SF073 1.6.3.4. Inspección tributaria
    GF001.F0006.SF069.SF074 1.6.3.5. Cobros de ingresos de dereito público
    GF001.F0006.SF069.SF075 1.6.3.6. Recadación executiva
    GF001.F0006.SF069.SF136 1.6.3.7. Competencias delegadas de xestión catastral
    GF001.F0006.SF076 1.6.4. Subvencións
    GF001.F0006.SF076.SF077 1.6.4.1. Subvencións recibidas
    GF001.F0006.SF076.SF078 1.6.4.2. Subvencións outorgadas
    GF001.F0006.SF068 1.6.2. Fiscalización económico-financeira
    GF001.F0006.SF069 1.6.3. Xestión tributaria
    GF001.F0006.SF076 1.6.4. Subvencións
    
    GF002 XESTIÓN DO TERRITORIO
    GF002.F0007 URBANISMO, OBRAS E MOBILIDADE
    GF002.F0007.SF079 2.1.1. Planeamento urbanístico
    GF002.F0007.SF080 2.1.2 Xestión urbanística
    GF002.F0007.SF081 2.1.3. Información do territorio
    GF002.F0007.SF082 2.1.4. Ordenación e uso da vía pública e mobilidade
    GF002.F0007.SF083 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
    GF002.F0007.SF083 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
    GF001.F0007.SF086.SF084  2.1.5.1. Construción e mantemento de obras de infraestrutura
    GF001.F0007.SF086.SF085 2.1.5.2. Construción e mantemento dos equipamentos municipais ou de uso público
    GF002.F0007.SF086 2.1.6. Regulación das obras de particulares e de terceiros
    GF002.F0007.SF086.SF087 2.1.6.1. Licenzas e comunicacións urbanística
    GF002.F0007.SF086.SF088 2.1.6.2. Ordes de execución
    GF002.F0007.SF086.SF089 2.1.6.3. Declaracións de ruína
    GF002.F0007.SF086.SF090 2.1.6.4. Protección da legalidade urbanística
    GF002.F0007.SF086.SF091 2.1.6.5. Promoción da rehabilitación de vivendas
    
    GF002.F0008 SUSTENTABILIDADE E MEDIO AMBIENTE
    GF002.F0008.SF092 2.2.1. Conservación e protección da contorna natural
    GF002.F0008.SF093 2.2.2. Aproveitamentos naturais
    GF002.F0008.SF094 2.2.3. Subministracións básicas
    GF002.F0008.SF095 2.2.4. Xestión de residuos
    GF002.F0008.SF096 2.2.5. Control da salubridade
    GF002.F0008.SF097 2.2.6. Control de animais
    GF002.F0008.SF098 2.2.7. Regulación do impacto das actividades
    GF002.F0009 ORDENACIÓN E PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA
    GF002.F0009.SF099 2.3.1. Abasto alimenticio
    GF002.F0009.SF100 2.3.2 Regulación da actividade agrícola
    GF002.F0009.SF101 2.3.3. Regulación da actividade gandeira
    GF002.F0009.SF102 2.3.4. Regulación da actividade pesqueira
    GF002.F0009.SF103 2.3.5. Regulación da actividade forestal
    GF002.F0009.SF104 2.3.6. Regulación da actividade industrial
    GF002.F0009.SF105 2.3.7. Regulación da actividade turística
    GF002.F0009.SF106 2.3.8. Regulación do comercio, as feiras e os mercados
    GF002.F0009.SF107 2.3.9. Fomento do traballo e o emprego
    GF002.F0009.SF108 2.3.10. Información e defensa do consumidor
    GF002.F0009.SF109 2.3.11. Control e xestión do transporte
    
    GF003 XESTION DOS SERVIZOS E DA POBOACIÓN
    
    GF003.F0010 POBOACIÓN, ELECCIÓNS E QUINTAS
    GF003.F0010.SF110 3.1.1. Rexistros de poboación
    GF003.F0010.SF111 3.1.2. Estatísticas e censos de poboación
    GF003.F0010.SF112 3.1.3. Procesos electorais
    GF003.F0010.SF113 3.1.4. Xestión dos servizos militares
    
    GF003.F0011 SERVIZOS CULTURAIS, DEPORTIVOS E DO LECER
    GF003.F0011.SF114 3.2.1. Planificación dos servizos culturais, do deporte e do lecer
    GF003.F0011.SF115 3.2.2. Xestión dos equipamentos culturais, do deporte e do lecer
    GF003.F0011.SF116 3.2.3. Actividades culturais
     GF003.F0011.SF117 3.2.4. Festas e espectáculos
    GF003.F0011.SF118 3.2.5. Actividades deportivas e de lecer
    GF003.F0011.SF119 3.2.6. Patrimonio cultural
    
    GF003.F0012 SERVIZOS PARA A EDUCACIÓN
    GF003.F0012.SF120 3.3.1. Planificación e control escolar
    GF003.F0012.SF121 3.3.2. Xestión dos centros educativos propios
    
    GF003.F0013 SERVIZOS PARA O BENESTAR E A SAÚDE
    GF003.F0013.SF122 3.4.1. Planificación dos servizos para o benestar e a saúde
    GF003.F0013.SF123 3.4.2. Xestión dos equipamentos para o benestar e a saúde
    GF003.F0013.SF124 3.4.3. Promoción e protección da saúde
    GF003.F0013.SF125 3.4.4. Atención ao benestar social
    GF003.F0013.SF126 3.4.5. Vivenda social
    GF003.F0013.SF127 3.4.6. Cooperación e solidariedade
    GF003.F0013.SF128 3.4.7. Xestión dos servizos funerarios
    GF003.F0013.SF036 3.4.8. Igualdade
    
    GF003.F0014 SEGURIDADE E PROTECCIÓN CIDADÁ
    GF003.F0014.SF129 3.5.1. Seguridade cidadá e orde pública
    GF003.F0014.SF130 3.5.2. Actuacións dos corpos de seguridade e protección cidadá
    GF003.F0014.SF131 3.5.3. Control de persoas detidas
    GF003.F0014.SF132 3.5.4. Control de armas
    GF003.F0014.SF133 3.5.5. Control da circulación das persoas
    GF003.F0014.SF134 3.5.6. Corpos de autoprotección cidadá

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Logo do proceso de organización documental desenvolto en 1988 estimouse oportuno o traslado o Arquivo histórico provincial dun fondo documental de caracter notarial e xudicial, formado por sete unidades de instalación e con datas extremas 1569-1812.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Redondela (Tema) (Creador)

Área de control da descrición