Fondos
- GF001. 1. ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN 
-  F0003. 1.3. CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA E ASISTENCIA TÉCNICA 
1. ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN
Área de identificación
- Código(s) de referencia ES.GA.36045.AM.RED.3.GF001 
- Título 1. ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN 
- Data(s) 1848 - 2025 (Produción) 
- Volume e soporte 4971 unidades de instalación; 19334 agrupacións documentais 
Área de contexto
- Nome do produtor Concello de Redondela(1836-2024) O territorio do concello de Redondela sitúase no oeste da provincia de Pontevedra, a carón da ría de Vigo; linda cos concellos de Soutomaior, Pazos de Borbén, Mos e Vigo. Ocupa unha superficie superior ós cincuenta e dous quilómetros cadrados, con corenta e seis entidades de poboación dispersas nas súas trece parroquias: Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Negros, Quintela, Reboreda, Redondela, Saxamonde, Trasmañó, Ventosela, Vilar de Infesta e O Viso, nas que residen ó redor de trinta mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa definitiva inclusión na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Redondela. A totalidade das parroquias dependían no Antigo Réxime da xurisdicción de Redondela Nova, con señorío do arcebispo de Santiago; da de Redondela Vella, con señorío do bispo de Tui; da de Saxamonde, con señorío do marqués de Valladares; da do Val do Fragoso, con señorío do seu concello e do coto de Cedeiro. Iniciado o proceso de constitución dos concellos a principios do século dezanove chegaron a funcionar varios neste territorio, entre eles os de Redondela, Vilavella, Cedeira, Saxamonde e Reboreda. Xa no proceso definitivo créase o concello de Redondela, dentro do Partido Xudicial do mesmo nome, cun total de catorce parroquias. Dende entón mantense a mesma superficie territorial pero suprimiuse a parroquia de Santiago de Vilavella, pasando a integrarse na de Santiago de Redondela. 
- Institución arquivística Arquivo municipal de Redondela 
Área de contido e estrutura
- Organizació - Grupo de Función: GF001. 1.-ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN Densenvólvese nas seguintes funcións: F0001 1.1.ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO F0002 1.2.ORGANIZACIÓN E XESTIÓN ADMINISTRATIVA F0003 1.3.CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA E ASISTENCIA TÉCNICA F0004 1.4.RECURSOS HUMANOS F0005 1.5.PATRIMONIO F0006 1.6.RECURSOS ECONÓMICOS E FINANCEIROS 
Ãrea de notas
- Nota 
Puntos de acceso
- Puntos de acceso de topónimos 
- Nome dos puntos de acceso Concello de Redondela (Tema) (Creador) 
 
 