Fondos
ES.GA.36038.AMUPO.21.. PERFECTO FEIJOO
PERFECTO FEIJOO
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.21.
Título PERFECTO FEIJOO
Data(s) 1095-00-00 - 2017-11-30 (Produción)
Volume e soporte Cinco caixas de arquivo con soporte en papel, oito discos e cincoenta fotografías
Área de contexto
Nome do produtor Perfecto Feijoo Poncet(1858-1935) O pontevedrés D. Perfecto Feijoo (1858-1935) estudou Farmacia na Universidade de Santiago. Tras exercer a súa profesión en Madrid estableceuse na súa vila natal, na famosa Botica da Peregrina, punto de reunión de numerosas persoas que participaban en famosas tertulias literarias e musicais. Á marxe do seu labor profesional entretíñase tocando a gaita, preocupándose ademais por recuperar o folclore musical galego. A súa afeción materializouna na formación do coro “Aires da Terra” en 1883, agrupación que dirixiu e difundiu por toda a xeografía peninsular, e incluso no estranxeiro, a esencia da música galega, obtendo numerosos recoñecementos en forma de premios e comentarios na prensa do momento
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Historia arquivística Esta colección está formada por material moi diverso. Ás numerosas fotografías que se conservan no Arquivo Gráfico do propio Museo hai que engadir discos, partituras, títulos e diplomas e materiais diversos das diferentes xiras do grupo. Na catalogación de partituras participaron distintos bolseiros; Fernando Otero Urtaza e Fernando Obés. A discografía foi obxecto de traballo de Ángela Comesaña Martínez. Por último, Estella Omil Ignacio fixo unha descrición global de todos os obxectos relacionados con Perfecto Feijoo que se conservan no Museo
Forma do ingreso Compra tras a morte do fillo de D. Perfecto, D. Carlos Feijoo, en 1964
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A maior parte de material son partituras de música popular recollida por D. Perfecto. Tamén ten numerosos títulos e diplomas, recortes de prensa e materiais de concertos e algúns discos
Valoración, selección e eliminación Non se fixo expurgo ningún
Novos ingresos Non se produciron
Organizació
1.DOCUMENTACIÓN INDIVIDUAL 1.1.DOCUMENTACIÓN PERSOAL 1.1.1.Herdanzas 1.2.TÍTULOS, DIPLOMAS E HOMENAXES 1.3.CORRESPONDENCIA 1.4.OUTROS MEMBROS DA FAMILIA 1.4.1.Carlos Feijoo Méndez 1.4.2.Concepción Méndez Osorio 1.5. LORO RAVACHOL 2.DOCUMENTACIÓN DE FUNCIÓN 2.1.FARMACEUTICO 2.2.DIRECTOR DO CORO AIRES DA TERRA 3.COLECCIÓNS FACTICIAS 3.1.PARTITURAS 3.1.1.Partituras manuscritas 3.1.1.1.Recopilación de música popular 3.1.2.Partituras impresas 3.2.LETRAS DAS COMPOSICIÓNS 3.3.IMPRESOS 3.3.1.Programas de concertos 3.3.2.Folletos 3.4.RECORTES DE PRENSA
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Libre
Condicións de reprodución Libre previa solicitude por escrito, excepto materiais encadernados ou en mal estado
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Discos de baquelita e documentos en papel de diferentes tamaños, o que obriga a gardar algúns deles en planeiros
Instrumentos de descrición Catálogos xerais publicados
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñecen outros documentos orixinais
Existencia e localización de copias Non se coñecen
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Perfecto Feijoo Poncet (Tema) (Creador)