ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

1.1.3. Pleno

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36037.AM.PAZ.2.GF001.F0001.SF003

  • Título 1.1.3. Pleno

  • Data(s) 1841-2018 (Creación)

  • Volume e soporte 72 unidades de instalación; 310 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pazos de Borbén(1836-) O concello de Pazos de Borbén sitúase na zona central da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Soutomaior, Fornelos de Montes, Mondariz, Ponteareas, Mos e Redondela. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados cun total de vinte e nove entidades de poboación dispersas nas súas oito parroquias: Amoedo, Borbén, Cepeda, A Ermida, Moscoso, Nespereira, Pazos e Xunqueiras, nas que residen case tres mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Redondela, con señorío do arcebispo de Santiago, e da de Soutomaior, no caso da parroquia de Pazos, con señorío do duque de Soutomaior. Xa no proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio, integrado no Partido Xudicial de Redondela, constitúese como concello no ano 1836 coa mesma configuración espacial que hoxe aínda ten. O número de parroquias incrementarase coa creación de A Ermida segregada da de Santa María de Pazos.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pazos de Borbén

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Podemos atopar as seguintes series documentais: .- Libro de actas do Pleno O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas alo menos polo secretario e o Alcalde . Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal. .- Expedientes de sesións do Pleno Expediente que ten por obxecto a convocatoria e celebración da sesión do Pleno. Poden ser ordinarias e extraordinarias. Contén convocatorias, orde do día, borradores, etc. .- Mocións Recolle as proposicións que se fan ou suxiren nunha Xunta que delibera. Son unha proposta que se somete directamente a coñecemento do Pleno, sobre un asunto non comprendido na orde do día e que non ten cabida no punto de rogos e preguntas. Pode formularse por escrito ou oralmente.

  • Organizació

    Función F0001
    Subfunción SF003.
    1.1.3. Pleno
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    S0018SF003 Expediente de sesións do Pleno
    S0019SF003 Mocións presentadas nos Plenos
    S0020SF003Libro de actas de sesións do Pleno

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Pazos de Borbén (Tema) (Creador)

Área de control da descrición