Fondos
22/273/1. Materiais do Instituto de Ciencias da Educación (1969-1974)
Materiais do Instituto de Ciencias da Educación (1969-1974)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.22..2.6.1.4.22/273/1
Título Materiais do Instituto de Ciencias da Educación (1969-1974)
Data(s) 1969-1974 (Produción)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Xosé Filgueira Valverde(1906-1996) D. Xosé Filgueira Valverde naceu en Pontevedra en 1906. Estudou Dereito e Filosofía e Letras, exercendo profesionalmente neste último campo. Foi catedrático de literatura no Instituto de Ensinanza Media da súa cidade natal. Á marxe deste labor profesional involucrouse dende moi novo en proxectos culturais de grande envergadura. Foi patrono fundador en 1927, director (1942) e director emérito do Museo de Pontevedra, institución á que lle dedicou os seus maiores esforzos e á que estaría ligado ata a súa morte en 1996. Tamén foi fundador do Seminario de Estudos Galegos no 1923 e, despois da súa desaparición, membro e director a partir de 1972 do Instituto Pai Sarmiento de Estudos Galegos. Pertenceu ás Reais Academia Galega, da Historia, da Lingua e ás de Belas Artes de San Fernando de Madrid e da Virxe do Rosario da Coruña. Desempeñou tamén cargos públicos, sendo alcalde de Pontevedra e conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia entre 1982 e 1983
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido [1969-1974]
Universidade de Santiago de Compostela. Instituto de Ciencias da Educación.
• Recorte de prensa
• Regulamento do ICE
• Decreto 1678/1969, de 24 de julio, sobre creación de los Institutos de Ciencias de la Educación
• Documentos varios sobre o 2º ciclo do CAP de bacharelato
• Enquisa sobre inventario dun proxecto de transformación de escolas normales
• Documentos sobre un proxecto de cooperación educativa en Galicia co Banco Mundial
• Programa do: “1º Cursillo de Orientación Universitaria” (1970. Lugo)
• Programa do: “1º Cursillo de Orientación Universitaria” (1970. Vigo)
• Programa do: “2º Cursillo de Orientación Universitaria” (1970. Vigo)
• Programa do: “Curso para el Profesorado de Lenguas Clásicas” (1970. Santiago de Compostela)
• Programa do: Curso de Ciencias de la Educación (1970. A Coruña) / [organizado por la] Cátedra de Extensión Universitaria “Barrié de la Maza”
• Programa do: Seminario para Profesores de Inglés y Semana Americana (ca. 1970. Santiago de Compostela) / organizado por la Sección Cultural de la Embajada de los Estados Unidos , la Comisión Fulbright y el Instituto Británico
• Programa do: Programa de Sistemas y Técnicas Educativas para Profesores de Educación General Básica y Bachillerato (ca. 1970. Santiago de Compostela)
• Programa do: 1º Seminario de Revisión de Experiencias para Tutores del 2º Ciclo del CAP (1974. Santiago de Compostela)
Sinatura: Filgueira, 273-1
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Xosé Filgueira Valverde (Tema) (Creador)