ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Fondos

Expediente do recurso contencioso-administrativo nº 4504/1996 por demolición de muro de peche en As Pontellas, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (1991-2000)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36032.AM.MOR.2.GF001.F0002.SF025.S0228.2.597/4

  • Título Expediente do recurso contencioso-administrativo nº 4504/1996 por demolición de muro de peche en As Pontellas, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (1991-2000)

  • Data(s) 1991-2000 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Moraña(1836-2015) O territorio do Concello de Moraña sitúase no interior da provincia de Pontevedra E linda cos concellos de Campo Lameiro, Cuntis, Barro, Portas, Caldas de Reis e Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós corenta quilómetros cadrados con setenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias: Amil, Cosoirado, Gargantáns, Lamas, Laxe, San Lourenzo de Moraña, Santa Xusta de Moraña, Rebón e Saiáns, nas que residen algo menos de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Peñaflor con señorío do conde de Graxal, coa excepción do couto de Amil, con señorío da marquesa de Vilar. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, chegaron a funcionar os concellos de Saiáns e Moraña. No ano 1836 créase o Concello de Moraña como entidade local independente, practicamente coa configuración actual.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Moraña

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente do recurso contencioso-administrativo nº 4504/1996 por demolición de muro de peche en As Pontellas, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Demandante: Carlos Silva Monteagudo. Demandado: Concello de Moraña. Contén: - Expediente de licenza urbanística 53/1991 para peche de terreo. Solicitante: Carlos Silva Monteagudo. - Expediente de infracción urbanística por peche de terreo sen axustarse a licenza concedida (1995). - Sentenza 183/1999 desestimatoria.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición