Fondos
-
S0994. Expediente de arrendamento ou concesións de sepulturas
5.620/1. Relación de concesións de parcelas para nichos nos cemiterios municipais de Bueu (1958-1995)
Relación de concesións de parcelas para nichos nos cemiterios municipais de Bueu (1958-1995)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36004.AM.BUE.2.GF003.F0013.SF128.S0994.5.620/1
Título Relación de concesións de parcelas para nichos nos cemiterios municipais de Bueu (1958-1995)
Data(s) 1958-1995 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Bueu(1836-2030) O concello de Bueu enclávase na marxe dereita da península do Morrazo. Pertence xeograficamente á comarca do mesmo nome xunto cos concellos lindantes de Cangas, Marín e Moaña e mailo de Vilaboa; xudicialmente intégrase no Partido de Marín logo da súa recente creación. Conta cun total de 53 entidades de poboación dispersas en catro parroquias: San Martiño de Bueu, Santa María de Cela, Santiago de Hermelo e Santa María de Beluso co seu anexo de A Illa de Ons (San Xaquín), nas que residen uns doce mil douscentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Cela, Bueu, Beluso e Hío ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorde o concello de Bueu, dentro do partido xudicial de Pontevedra, formado daquela por seis parroquias, entre as que se atopaban as de Aldán e Hío. Na evolución posterior este concello sufrirá a segregación das parroquias de Aldán e Hío, logo de moitos intentos efectiva en 1873. Por outra parte incorpora ó seu territorio as illas Ons e Onza en 1844.
Institución arquivística Arquivo municipal de Bueu
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Relación alfabética de concesións de parcelas para nichos nos cemiterios municipais de Bueu (1958-1995) extraídas dos libros de actas municipais da Comisión Municipal Permanente, Comisión de Goberno, Xunta de Goberno Local e Pleno. Non están as concedidas por Decreto-Resolución da Alcaldía-Presidencia Cemiterios municipais das parroquias de Santa María de Beluso, San Martiño de Bueu en Castiñeiras (cemiterio novo), Santa María de Cela e a parroquia anexa de Santiago de Hermelo
Ãrea de notas
Nota