ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

1. ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36006.AM.CAMB.2.GF001

  • Título 1. ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN

  • Data(s) 1831-2019 (Creación)

  • Volume e soporte 1333 unidades de instalación; 17199 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Cambados(1836-) O concello de Cambados está situado na ría de Arousa ó oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Vilanova de Arousa, Meaño e Ribadumia. Ocupa na actualidade unha superficie próxima ós vinteún quilómetros cadrados cun total de cincuenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Cambados, Castrelo, Corvillón, Oubiña e Vilariño, nas que residen preto de trece mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Cambados, Fefiñáns, A Lanzada e San Tomé do Mar. No proceso de establecemento constitucional dos concellos e dentro da planificación definitiva para o partido xudicial de Cambados, establécese no ano 1836, xunto cos concellos de Sanxenxo, O Grove, Meaño, Meis, Lois, Carril, Vilagarcía, Vilanova e Vilaxoán, o concello de Cambados, formado daquela por catorce parroquias, logo dunha reclamación inicial: Cambados, Fefiñáns, San Tomé, Castrelo, Sisán, Vilariño, Corvillón, Oubiña, Deiro, Ribadumia, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois. Moi pronto empezaron a producirse notables modificacións nesta configuración ata chegar á situación actual. No ano 1841 segréganse, para formar o novo concello de Ribadumia, as parroquias de Ribadumia, Sisán, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois. Por outra parte, a parroquia de Deiro foi agregada ó concello de Vilanova de Arousa no ano 1855. Por último desaparecen tamén como parroquias independentes as de Fefiñáns e San Tomé do Mar, integrándose na de Cambados.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Cambados

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Grupo de Función: GF001.
    1.-ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN
    
    Densenvólvese nas seguintes funcións:
    
    F0001 1.1.ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO
    F0002 1.2.ORGANIZACIÓN E XESTIÓN ADMINISTRATIVA
    F0003 1.3.CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA E ASISTENCIA TÉCNICA
    F0004 1.4.RECURSOS HUMANOS
    F0005 1.5.PATRIMONIO
    F0006 1.6.RECURSOS ECONÓMICOS E FINANCEIROS

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Cambados (Tema) (Creador)

Área de control da descrición