Fondos
SF004. 1.1.4. Alcaldía. Presidencia
1.1.4. Alcaldía. Presidencia
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36006.AM.CAMB.2.GF001.F0001.SF004
Título 1.1.4. Alcaldía. Presidencia
Data(s) 1836-2017 (Creación)
Volume e soporte 63 unidades de instalación; 462 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Cambados(1836-) O concello de Cambados está situado na ría de Arousa ó oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Vilanova de Arousa, Meaño e Ribadumia. Ocupa na actualidade unha superficie próxima ós vinteún quilómetros cadrados cun total de cincuenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Cambados, Castrelo, Corvillón, Oubiña e Vilariño, nas que residen preto de trece mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Cambados, Fefiñáns, A Lanzada e San Tomé do Mar. No proceso de establecemento constitucional dos concellos e dentro da planificación definitiva para o partido xudicial de Cambados, establécese no ano 1836, xunto cos concellos de Sanxenxo, O Grove, Meaño, Meis, Lois, Carril, Vilagarcía, Vilanova e Vilaxoán, o concello de Cambados, formado daquela por catorce parroquias, logo dunha reclamación inicial: Cambados, Fefiñáns, San Tomé, Castrelo, Sisán, Vilariño, Corvillón, Oubiña, Deiro, Ribadumia, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois. Moi pronto empezaron a producirse notables modificacións nesta configuración ata chegar á situación actual. No ano 1841 segréganse, para formar o novo concello de Ribadumia, as parroquias de Ribadumia, Sisán, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois. Por outra parte, a parroquia de Deiro foi agregada ó concello de Vilanova de Arousa no ano 1855. Por último desaparecen tamén como parroquias independentes as de Fefiñáns e San Tomé do Mar, integrándose na de Cambados.
Institución arquivística Arquivo municipal de Cambados
Área de contido e estrutura
Organizació
Función F0001 Subfunción SF004. 1.1.4. Alcaldía. Presidencia Densenvólvese nas seguintes series: S0021SF004Disposicións S0022SF004Anuncios S0023SF004Rexistro de anuncios S0024SF004Autos S0025SF004Bandos S0026SF004Rexistro de bandos S0027SF004Decretos S0028SF004Rexistro de decretos S0029SF004Edictos S0030SF004Rexistro de edictos S0031SF004Resolucións S0032SF004Rexistro de disposicións S0033SF004Libro rexistro de autos S0034SF004Libro rexistro de resolucións da Alcaldía S0035SF004Certificación da Alcaldía S0036SF004Certificación de alcaldía pedánea e curas párrocos S0037SF004Correspondencia da Alcaldía S0038SF004Informe da Alcaldía S0039SF004Informe de alcaldía pedánea e curas párrocos S0040SF004Expediente gobernativo S0041SF004Expediente de achados de bens sen dona ou dono S0042SF004Expediente de apercibimentos S0043SF004Expediente de arrendamentos de bens nacionais S0044SF004Expediente de cédulas persoas S0045SF004Expediente de denuncias S0046SF004Rexistro gobernativos S0047SF004Libro rexistro de denuncias S0048SF004Expediente do documental nacional de identidade S0049SF004Expediente de incautación, ocupación e devolución terreos S0050SF004Expediente de lotería S0051SF004Expediente de multas S0052SF004Libro rexistro de multas S0053SF004Expediente de nomeamentos de gardas xurados S0054SF004Expediente de salvocondutos e pasaportes S0055SF004Libro rexistro de salvocondutos e pasaportes S0056SF004Expediente de sancións gobernativas S0057SF004Expediente xudicial S0058SF004Actas de comparecencia S0059SF004Actas de conciliación S0060SF004Actas de matrimonio S0061SF004Actas de causas civís S0062SF004Actas de causas criminais S0063SF004Rexistro xudiciais S0064SF004Libro rexistro de bastárdelos S0065SF004Libro rexistro de penas de cámara S0066SF004Libro rexistro de sentenzas S0067SF004Actividades institucionais da Alcaldía S0068SF004Matrimonios civís e parellas de feito
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Cambados (Tema) (Creador)