Fondos
SF020. 1.2.5. Xestión da información e transparencia
1.2.5. Xestión da información e transparencia
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36006.AM.CAMB.2.GF001.F0002.SF020
Título 1.2.5. Xestión da información e transparencia
Data(s) 1831-2017 (Creación)
Volume e soporte 584 unidades de instalación; 1037 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Cambados(1836-) O concello de Cambados está situado na ría de Arousa ó oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Vilanova de Arousa, Meaño e Ribadumia. Ocupa na actualidade unha superficie próxima ós vinteún quilómetros cadrados cun total de cincuenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Cambados, Castrelo, Corvillón, Oubiña e Vilariño, nas que residen preto de trece mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Cambados, Fefiñáns, A Lanzada e San Tomé do Mar. No proceso de establecemento constitucional dos concellos e dentro da planificación definitiva para o partido xudicial de Cambados, establécese no ano 1836, xunto cos concellos de Sanxenxo, O Grove, Meaño, Meis, Lois, Carril, Vilagarcía, Vilanova e Vilaxoán, o concello de Cambados, formado daquela por catorce parroquias, logo dunha reclamación inicial: Cambados, Fefiñáns, San Tomé, Castrelo, Sisán, Vilariño, Corvillón, Oubiña, Deiro, Ribadumia, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois. Moi pronto empezaron a producirse notables modificacións nesta configuración ata chegar á situación actual. No ano 1841 segréganse, para formar o novo concello de Ribadumia, as parroquias de Ribadumia, Sisán, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois. Por outra parte, a parroquia de Deiro foi agregada ó concello de Vilanova de Arousa no ano 1855. Por último desaparecen tamén como parroquias independentes as de Fefiñáns e San Tomé do Mar, integrándose na de Cambados.
Institución arquivística Arquivo municipal de Cambados
Área de contido e estrutura
Organizació
Función F0002 Subfunción SF0020 1.2.5.Xestión da información e transparencia Desenvólvese nas seguintes series: S0208 SF20 Certificación S0209 SF20 Circular S0210 SF20 Correspondencia S0211 SF20 Estudo S0212 SF20Informe S0213 SF20Instancia S0214 SF20Memoria S0215 SF20Estatística S0216 SF20Xestión de certificacións dixitais
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Cambados (Tema) (Creador)