Fondos
SF047. 1.5.1. Administración de bens e dereitos
1.5.1. Administración de bens e dereitos
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36006.AM.CAMB.2.GF001.F0005.SF047
Título 1.5.1. Administración de bens e dereitos
Data(s) 1958-2011 (Creación)
Volume e soporte 5 unidades de instalación; 9 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Cambados(1836-) O concello de Cambados está situado na ría de Arousa ó oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Vilanova de Arousa, Meaño e Ribadumia. Ocupa na actualidade unha superficie próxima ós vinteún quilómetros cadrados cun total de cincuenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Cambados, Castrelo, Corvillón, Oubiña e Vilariño, nas que residen preto de trece mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Cambados, Fefiñáns, A Lanzada e San Tomé do Mar. No proceso de establecemento constitucional dos concellos e dentro da planificación definitiva para o partido xudicial de Cambados, establécese no ano 1836, xunto cos concellos de Sanxenxo, O Grove, Meaño, Meis, Lois, Carril, Vilagarcía, Vilanova e Vilaxoán, o concello de Cambados, formado daquela por catorce parroquias, logo dunha reclamación inicial: Cambados, Fefiñáns, San Tomé, Castrelo, Sisán, Vilariño, Corvillón, Oubiña, Deiro, Ribadumia, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois. Moi pronto empezaron a producirse notables modificacións nesta configuración ata chegar á situación actual. No ano 1841 segréganse, para formar o novo concello de Ribadumia, as parroquias de Ribadumia, Sisán, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois. Por outra parte, a parroquia de Deiro foi agregada ó concello de Vilanova de Arousa no ano 1855. Por último desaparecen tamén como parroquias independentes as de Fefiñáns e San Tomé do Mar, integrándose na de Cambados.
Institución arquivística Arquivo municipal de Cambados
Área de contido e estrutura
Organizació
Función F0005 Subfunción SF047. 1.5.1.Administración de bens e dereitos Densenvólvese nas seguintes series: S0370SF047Inventario xeral de bens S0371SF047Rendas de bens municipais S0372SF047Censo de bens municipais S0373SF047Xuro de bens municipais S0374SF047Libro de regalos e distincións recibidas S0375SF047Expediente de bens municipais S0376SF047Escritura de propiedade de bens municipais S0378SF047Patrimonio municipal do solo S0379SF047Bens de interese cultural S0380SF047Aportación de bens e transferencias de capital a outras entidades
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Cambados (Tema) (Creador)